O futbolista do CD As Pontes Jorge Lara Rodríguez Jordi ven de ser convocado coa selección galega de afeccionados para un partido de preparación que se xogará o mércores día 20 no Anxo Carro ante o CD Lugo.
Recordemos que a selección galega de afeccionados é a actual campiona de España, título que logrou este ano tras vencer a Andalucía 2-1 na final en Portonovo, e polo tanto representará ó Estado Español na Copa das Rexións UEFA.
De feito Galicia xogará a primeira fase en Decembro (do 7 ó 11) e terá como rivais a Fthioida (Grecia), Wurttembergischer (Alemaña) e Malta.
Hai que recordar que a Copa das Rexións UEFA foi gañada a nivel de España por Madrid (1998 e 2000), Asturias (2002), País Vasco (2004 e 2006), Castela León (2008) e Galicia (2010) e a nivel europeo por Veneto (1999, Madrid finalista), Moravia (2001), Piamonte (2003), Pais Vasco (2005), Baixa Silesia (2007) e Castela León (2009).
Jordi incorporouse ó As Pontes este ano procedente do Bergantiños e pode xogar de lateral ou extremo esquerdo. Naceu en Burgos e ten 27 anos.
Tamén van o xogador de Ortigueira Marcos Álvarez, e o ferrolán Pablo Rey.
Os convocados son:
CCD Cerceda: Cristopher Pallas, Celestino Noé López, David Rey, Alberto Mariño, Jose Souto, Óscar Martínez.
CD Ourense: Carlos Alberto Pérez, Jose María Gómez, Adrián Padrón, Antonio Fernández, Jaime Noguerol, Martín Pérez.
Racing de Ferrol: Antonio López, Mauro Poratti, Pablo Rey, Marcos Álvarez, Felipe Rodríguez.
Ordes: Javi Álvarez, Javi Villar, Jesús Remuiñán
Racing Vilalbés: Jose Ángel González
Negreira SD: Jesús Torres
Mesón do Bento: Diego Otero
CD As Pontes: Jorge Lara Rodríguez “Jordi”
Nova cortesía de Xose Ferreiro