O goberno municipal ofrecerá denantes de que remate o ano unha alternativa para a estación de autobuses

Ao longo da sesión plenaria deuse conta da situación actual do proceso de instalación de GasGalicia no municipio
[aspontes.com] O goberno municipal anunciou que, denantes que de remate este ano, tomará unha decisión con respecto á estación de autobuses xa que, a día de hoxe, estas instalacións presentan un aspecto deplorable tanto no seu exterior coma no interior das mesmas.


Neste senso, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, aclarou que a intención do goberno municipal é sacarlle o mellor partido posible a este edificio que xa, dende o seu nacemento, presentou moitos problemas.
Este anunciou realizábase na sesión plenaria mensual que tiña lugar esta mañá e na que, entre outros temas, deuse luz verde a un suplemento de crédito que se dirixirá ao pago dunha serie de gastos xerais que non pudieron ser incluídos no orzamento de 2008 por fin de prazo.
No tocante ao capítulo de mocións, tan só se someteu a debate un texto presentado polo BNG en relación á defensa do galego. E é que a xuízo do grupo nacionalista esta lingua está en perigo.
Neste senso, tanto PSdG-PSOE coma Partido Popular opuxéronse a este documento, coincidindo en que hai que defender a lingua pero sen chegar á imposición xa que o Estatuto de Autonomía de Galicia recolle a cooficialidade de galego e castelán e non por empregar o castelán se é menos galego ou se respeta menos a nosa cultura.
No que respecta ao capítulo de rogos e preguntas, o BNG interesouse polo estado das negociacións con GasGalicia e é que a firma ten intención de instalarse no concello. Segundo aclarou González Formoso, polo momento aínda non se conta co proxecto desta futura pranta e se descoñece o seu lugar de ubicación xa que a empresa está a buscar unha parcela na que iniciar o levantamento desta pranta.
Finalmente, o primeiro edil tamén anunciou que en vindeiras semanas se procederá á reordeación dos postos que cada día 1 e 15 de mes participan na feira quincenal xa que as futuras obras que afectarán á praza da Capela do Carme obrigarán á redistribución dos comerciantes.

También podría gustarte
Comentarios