O Grupo Xuvenil acada a medalla de bronce no Trofeo Príncipe de Asturias e Jesús Rodríguez acaba segundo no Descenso do Tui

O K4 do Grupo Xuvenil integrado por Antonio Polo, Carlos Pedreira, Alberto Pigueiras e Jesús Rodriguez acadou a medalla de bronce no Trofeo Príncipe de Asturias disputado este sábado en Pontevedra, proba na que participaron máis dun cento de embarcacións provintes de tódalas partes do Estado, e tamén de Portugal, Arxentina e Francia.


Despois de 16 kilómetros de percorrido os primeiros en chegar foron os compoñentes do Kaiak Tudense (Alonso, Dobarro, Sobrado e Rodríguez), seguidos do Piraguismo Vilaboa (Palmas, Pazos, Conde e Sánchez) e o Grupo Xuvenil Endesa entrou con un tempo de 1 hora 8 minutos 11 segundos, recibindo ademáis un merecido premio de 600 euros pola súa terceira posición.
Xa na xornada de onte os palistas do grupo Xuvenil acudiron ó Descenso do Tui, e na proba de K1 Jesús Rodríguez Léon acadou un brillante segundo posto cruzando a meta con 1 hora, 4 minutos e 51 segundos, por detrás de Alvaro Fernández Fiuza (Pontevedra) e por diante de Felipe Besada (O Grove). Pola súa banda Antonio Polo Campello entrou na séptima posición nunha proba que tivo máis de 60 participantes en K1 Senior e que contou cun percorrido de 14 kilómetros.
Pola súa banda, Alberto Pigueiras Leal e Carlos Pedreira Carneiro competiron na proba de K2 na que finalizaron en 17ª posición, competición gañada polos arxentinos Pinta e Mozicafredo que xa foron terceiros hai una semana no Descenso do Sella.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios