A falta de dúas xornadas para o final o Mobles Eume proclamouse campión de liga despois da derrota de Farmavida diante de Santaballés (1-2) e a incomparecencia de Maren ó seu compromiso ante o novo campión do torneo de fútbol de veteranos de As Pontes, polo que se lle deu por perdido o encontro por tres goles a cero.
Nos demais encontros, vitoria de Construcións Guerreiro sobre La Galaxia por 2-1 e empates nos partidos Xuntanza-As Pontes 74 (3-3) e A Cepa-Cafetería Bahía (0-0).
Na clasificación falta por decidir o subcampión de liga, título que pode ser para Santaballés, conxunto que nas dúas xornadas que restan enfrontarase a La Galaxia e A Cepa, mentres que Farmavida deberá descansar na vindeira xornada e na derradeira medirase a La Galaxia.
Primeiro e campión de liga 2011/12, Mobles Eume, con 48 puntos. En segunda posición está Farmavida, con 41 puntos e un partido máis. Terceiro é Santaballés con 39 puntos. A continuación están Construcións Guerreiro (32), As Pontes 74 (26) e La Galaxia e Cafetería Bahía (24), A Cepa (20), Xuntanza (13), MMYPEM (6) e pecha a clasificación Maren, con cinco puntos.
O Pichichi do campiontao é Santi, do Santaballés, con 18 goles, se de Juancar (C. Guerreiro), con 17. Seguen Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados. Con once goles están Fernández (A Cepa) e Susín (Mobles Eume) e con dez tantos marcados, Manel e Pepe, de Mobles Eume.
En canto ós porteiros menos goleados, continúa de primeiro Marcelino (Mobles Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Peruzzi (C. Bahía), Enrique (C. Guerreiro), Cillero (La Galaxia).
Xuntanza As Pontes 74 (3-3)
La Galaxia C. Guerreiro (1-2)
Farmavida – Santaballés (1-2)
A Cepa C. Bahía (0-0)
M. Eume – Maren (3-0)
Descansou: Mmypem
PARTIDOS 21ª XORNADA
24/25 Marzo – 2012
C. Guerreiro A Cepa (Sáb. 24, 19:00)
Maren – Xuntanza (Sáb. 24, 20:00)
Santaballés La Galaxia (Dom. 25, 10:00)
C. Bahía M. Eume (Dom. 25, 11:00)
As Pontes 74 – Mmypem (Dom. 25, 12:00)
Descansa: Farmavida
Nova cortesía de A.F.