O monumento ó traballador. Unha polémica de 1994

No verán de 1994 colócase en As Pontes o monumento ó Mineiro/Traballador. Un mes despois da súa instalación, don Enrique Rivera Rouco acude a Radio Eume para explicar o seu sentido e aportar varios datos da súa construcción, así como para lembrarnos que a chamada actualmente “A cidade da Enerxía” levouse a cabo coa morte de máis de trinta obreiros, tres deles da vila.
Hoxe, simplemente, quixen recoller a trascripción das palabras que dixo naquela ocasión don Enrique. Quero adicalo ós traballadores que están a realizar as obras da ampliación da Empresa, e a tódolos traballadores en xeral, que loitan pola dignidade das súas vidas e polo respeto dos seus traballos.

FOTO DO MONUMENTO NO ANO 1995
traballador1.jpg


Na segunda quincena de Maio de 1995, o periódico A nova Unión, (no número 6, páxina 7) publicaba que o Monumento ó Traballador tivera un custo de seis millóns de pesetas, que fora financiado polo Concello, e que fora obra do escultor D. Francisco Ramírez Carrascal.

FOTO DA FIRMA “RAMÍREZ” NA BASE DO MONUMENTO
traballador2.jpg

Ás veces os artigos que levo realizados son moi longos e faise complexa a súa lectura, por iso hoxe publícase este máis curto, pero que tamén pode resultar interesante.
traballador3.jpg

No seu día este monumento foi moi discutido. Pasados agora 12 anos seguiranse a facer moitas lecturas del, e supoño que nos vosos comentarios a este artigo poñeredes uns cantos máis. Eu non vou entrar a xulgar o monumento, simplemente quixen recoller os datos que se nos aportaron no 1994, e que poden resultar dalgún interés. Especialmente porque as novas xeracións grafitean na parede posterior do mesmo e igual están a falar sobre del; non o sei, non comprendo o significado do que poñen. Non estou na onda.
traballador4.jpg
traballador9.jpg
traballador10.jpg

Monumento ós Mineiros
Ubicación: Canal Catro, glorieta de Carlos Fornos
Forma: Triangular (pirámide simulada en dúas placas)
Tamaño: 4,50 x 10
Material: aceiro, bronce, cobre i aleaccións
Autor: irmáns Ramírez Casal (Francisco Ramírez Carrascal)
Lugar de construcción: A Coruña
Ano: 1994
Transportada a As Pontes: por medio dunha grúa de 25 toneladas
Presuposto empregado: 6.000.000 pts.
Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico
“É unha escultura metálica que foi encargada polo “Axuntamento” e que se instalou aquí no Canal Catro para presidir a glorieta de o director Carlos Fornos, director de Endesa de feliz memoria que morreu repentinamente hai tres anos. E esta escultura vai adicada ós obreiros que traballaron aquí e que están traballando todavía en As Pontes. Ten unha forma triangular de 4 metros e medio de ancho por dez de alto. Foi construida na Coruña e transportada por unha grua de 25 toneladas hasta onde está ubicada aquí. O material co que se fixo é aceiro, bronce, cobre e outras aleaccións polos artesanos os irmáns Ramírez Casal. Agora vai a ser iluminada con focos e adornada por arbustos selectos no seu entorno, tamén se lle vai poñer unha placa de metacrilato que leva unha inscripción con motivo da obra. O texto desta placa dice: “En lembranza de tódolos traballadores que exerceron algunha actividade na industria de As Pontes. Especialmente de cantos atoparon a morte no cumprimento da súa función”.
Así que, fáiselles unha especial función os que morreron, que foron moitos, principalmente na construcción da segunda, da Gran Térmica. Non sabemos cantos serían porque moitos que non eran veciños de As Pontes e foron trasladados inmediatamente ás súas parroquias de orixe. Pero podemos pensar, que como mínimo unhos trinta accidentes mortales que os houbo.
As decoracións que leva este monumento poden resultar extrañas, parecen debuxos pornográficos. Mais ben sendo así dende sempre nas obras dos artistas, dos que exercitan as bellas artes, para destacar a persoa humana frente a outros elementos acostubran representar á persoa desnuda. Neste caso a persoa atópase en loita cas máquinas, e as máquinas poden superala. Alí están debuxados elementos mecánicos asoballando ás persoas, incluso hai duas imáxes copiadas do cuadro “Guernica” de Picaso onde plasmou a preponderancia das armas de guerra sobre o ser humán. Mesmo así as esculturas da antigua Grecia e de Roma están presentadas desnudas, pero non é con afán erótico, senón para apreciar a perfección lograda polo artista. En por iso que as figuras do monumento ó traballador non teñen contido erótico senón simbólico de cómo a máquina está eliminando a man de obra humán e ademais, moitas veces, causándolle a morte en accidentes.
En lembranza de todos os obreiros que houbo e que sigue habendo. Ojalá que siga por moitos anos en actividade esta factoría, pois vai este monumento en lembranza de todos”.
(Enrique Rivera Rouco, Radio Eume 1994)

traballador6.jpg
traballador7.jpg
traballador5.jpg
traballador8.jpg

También podría gustarte
Comentarios