«O olor do veleno dunha picadura pode atraer aínda a máis abellas»

manuel_ferreira.jpg
[La Voz de Galicia] Manuel Ferreira leva tres cuartas partes da súa vida dedicado ás abellas. «Empecei con doce anos. Era unha tradición familiar e tívenme que facer cargo desde moi novo», explica. Aos seus 48 anos, este pontés emprega boa parte do seu tempo en difundir a mensaxe da Asociación Galega de Apicultores (AGA), como delegado na comarca do Eume.


-Cumpren dez anos de AGA no Eume. ¿Que balance fai desta década?
-Estamos moi satisfeitos. Cando empezamos, eramos oito abelleiros, e agora temos 68 socios. Somos os primeiros en sorprendernos porque non pensamos que fosemos ter esta acollida.
-Pero…
-A materia pendente é a do cambio xeracional. A apicultura nunca foi unha afición de xente nova. E quen ten colmeas, déixaas abandonadas.
-¿Como loitan contra iso?
-Hai xa cinco anos que montamos a Casa do Mel (en Goente) para a promoción da apicultura. Temos moitas visitas e excursións. Alí ven desde o traballo das abellas ata a elaboración do mel.
-Aínda así, as abellas seguen a considerarse perigosas.
-Unha das primeiras cousas que ensinamos é o que hai que facer para que non piquen. É importante non meterse diante nin facer movementos bruscos. E se pican, hai que quitar o aguillón e lavarse, porque o olor do veleno pode atraer aínda a máis abellas.
-Terán as súas cousas boas.
-Contribúen á polinización, por exemplo, en plantacións de kiwis, onde poden axudar a dobrar a produción, por exemplo.

También podría gustarte
Comentarios