Amigus
As Pontes

O Paraño festexou a San Ramón

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta fin de semana o barrio pontés do Paraño honrou ó seu patrón, San Ramón. Os festexos deste pequeno lugar comezaron xa o venres cunha verbena con “Bambú” para seguir o sábado cunha misa, procesión coas imaxes de San Roque e a Virxe da Ermida e pola noite verbena cos grupos “Sensación” e “Aguazul”. Co repique de foguetes comezaba a derradeira xornada festiva, o domingo, logo misa e procesión rematando coa actuación do grupo “Aguazul”. O pequeno pero bonito campo da festa, rodeado de carballos, estaba situado entre a capela e a antiga escola, que se atopa en certo estado de abandono.

San_Ramon_do_Parano_16.jpg


Situado ó leste e a tres quilómetros da vila das Pontes, O Paraño está entre os regos do Painceiro e do Cocido que desembocan no río Chamoselo. Na súa zona de influencia atópanse os lugares da Forxa, O Carballal, O Catarou, A Vacariza, O Campo da Cova e A Da. Estas aldeas suman en total 61 habitantes.

San_Ramon_do_Parano

A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente pariran.
San_Ramon_do_Parano

O SANTUARIO
É peculiar a creación desta capela, pois segundo as investigacións realizadas polo lembrado e querido Don Enrique, o Cura dos Chaos, procede dunha antiga fundación particular como capelanía laica de carácter hereditario e con dereito a nomear capelán. Non hai constancia documental da súa creación. Sen embargo hai datos de que a familia fundadora habitaba no lugar da Fraga, que ó parecer estaba entre as aldeas da Meda, O Carballal e A Vacariza, preto de onde hoxe está o repetidor de televisión.
San_Ramon_do_Parano

O primeiro documento no que se fai referencia á capela é de 1772 nunha permuta de bens da familia do citado lugar da Fraga. Segundo don Enrique, debeu ser unha casa potente naquel entón, como se podía deducir das propiedades de terra que posuía e por constituír unha fundación relixiosa hereditaria, sendo a súa actual propietaria a señora Felisa López Prieto, veciña das Pontes.
Hai un testamento do señor Lorenzo de Fraga, outorgado en 1840, no que declara ser por aquel entón “Patrono de la Fundación de la Capellanía de San Ramón del Paraño y que dicha entidad era poseedora de piezas de heredad labradía, una pegada a la Ermita y la otra de frente al otro lado del río, cada una en extensión de cinco ferrados de sembradura y muchas cabezas de ganado”.
San_Ramon_do_Parano

A primitiva capela estaba situada preto do rego do Painceiro. Segundo o señor Honorio Ferreiro, nado no Paraño e veciño do Campo da Cova, o propietario da antiga capela, José López (o Tío Pepe da Forxa), antepasado dos da Panadería do Coxo, cando se fixo a estrada de Lugo a Ferrol (mediados do século XIX), dicía que á noitiña vía o santo na capela o é día seguinte nun lugar máis arriba ó lado da estrada, polo que decidiu facer unha nova capela no sitio actual. Comenta o señor Honorio Ferreiro que o Tío Pepe da Forxa incluso tivo un preito coa Igrexa a causa dun cáliz que levou da capela o párroco das Pontes. O proceso chegou incluso á Audiencia da Coruña e o xuíz resolveu a prol do propietario e patrón da capela (o tío Pepe da Forxa).
A capela é unha sinxela construción rectangular de dimensións moi reducidas. Ten un modesto retablo de imitación neoclásica e varias imaxes, a do patrón San Ramón, a Nosa Señora da Ermida e a de Santo Estevo.
As Pontes, 31 de Agosto de 2009 (AF)
San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

San_Ramon_do_Parano

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios