O PARAÑO FESTEXOU A SAN RAMÓN

Esta fin de semana o Paraño celebrou o seu patrón, San Ramón. Os festexos deste pequeno lugar comezaron o venres cunha verbena co Dúo Bambú para seguir o sábado con misa, sesión vermú con Lembranza, que tamén amenizou a verbena xunto co Grupo Enclave.
Co repique de foguetes a primeira hora da mañá, comezaba a derradeira xornada festiva, o domingo 29, logo misa e procesión coas imaxes de San Roque e a Virxe da Ermida, rematando con fogos de artificio e a sesión vermú co grupo Enclave.
Situado ó leste e a tres quilómetros da vila das Pontes, o barrio do Paraño está entre os regos do Painceiro e do Cocido que desembocan no río Chamoselo. Na súa zona de influencia atópanse os lugares da Forxa, O Carballal, O Catarou, A Vacariza, O Campo da Cova e A Da. Estas aldeas suman en total 54 habitantes.
A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente pariran.
parano_2010_01.jpg


O SANTUARIO DE SAN RAMÓN DO PARAÑO
É peculiar a creación desta capela, pois segundo as investigacións realizadas por Don Enrique Rivera Rouco, o Cura dos Chaos, procede dunha antiga fundación particular como capelanía laica de carácter hereditario e con dereito a nomear capelán. Non hai constancia documental da súa creación. Sen embargo hai datos de que a familia fundadora habitaba no lugar da Fraga, que ó parecer estaba entre as aldeas da Meda, O Carballal e A Vacariza, preto de onde hoxe está o repetidor de televisión.
O primeiro documento no que se fai referencia á capela é de 1772 nunha permuta de bens da familia do citado lugar da Fraga. Segundo don Enrique, debeu ser unha casa potente naquel entón, como se podía deducir das propiedades de terra que posuía e por constituír unha fundación relixiosa hereditaria, sendo a súa actual propietaria a señora Felisa López Prieto, veciña das Pontes.
Hai un testamento do señor Lorenzo de Fraga, outorgado en 1840, no que declara ser por aquel entón “Patrono de la Fundación de la Capellanía de San Ramón del Paraño y que dicha entidad era poseedora de piezas de heredad labradía, una pegada a la Ermita y la otra de frente al otro lado del río, cada una en extensión de cinco ferrados de sembradura y muchas cabezas de ganado”.
A primitiva capela estaba situada preto do rego do Painceiro. Segundo o señor Honorio Ferreiro, veciño do Campo da Cova, o propietario da antiga capela, José López, o Tío Pepe da Forxa, antepasado dos da Panadería do Coxo, cando se fixo a estrada de Lugo a Ferrol (mediados do século XIX), dicía que á noitiña vía o santo na capela o é día seguinte nun lugar máis arriba ó lado da estrada, polo que decidiu facer unha nova capela no sitio actual. O Tío Pepe da Forxa incluso tivo un preito coa Igrexa a causa dun cáliz que levou da capela o párroco das Pontes. O proceso chegou incluso á Audiencia da Coruña e o xuíz resolveu a prol do propietario e patrón da capela .
A capela é unha sinxela construción rectangular de dimensións moi reducidas. Ten un modesto retablo de imitación neoclásica e varias imaxes, a do patrón San Ramón, a Nosa Señora da Ermida e a de Santo Estevo.
O Paraño, 29 de agosto de 2010 (AF)
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
parano_2010_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios