O pontés Adrián Vilasuso ascende á máxima categoría do fútbol xuvenil español co Racing de Ferrol

O futbolista pontés Adrián Vilasuso Galego (5-4-1990) ascendeu onte á División de Honor Xuvenil, a máxima categoría do fútbol xuvenil español, co Racing de Ferrol.
Precisamente o Racing impúxose na xornada de onte ó CD As Pontes por 7 goles a 0, e selou matemáticamente a súa presencia o ano que ven na máxima categoría do fútbol xuvenil español onde xogará contra o Deportivo, Celta, Oviedo, Racing de Santander ou Sporting de Gijón. Os goles do equipo ferrolán foron anotados polo propio Vilasuso, Permuy, Marcos, Jorge, Heber, Coqui e Diego.
Vilasuso xoga de media punta e interior dereito e leva tres anos no equipo xuvenil do conxunto ferrolán, e, pese a que a tempada que ven, por idade, non poderá xogar co equipo xuvenil, vaise pola porta grande e coa satisfacción de deixar ós seus compañeiros o máis alto posible e con unha oportunidade unica na súa carreira futbolística.
Pola súa banda o As Pontes necesita gañar un partido dos catro que lle quedan para selar matemáticamente a súa presencia un ano máis na Liga Nacional Xuvenil.


Adrian.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios