O Ánimas campión do Torneo Escolar Intercomarcal

O equipo alevín do Ánimas proclamouse esta mañá en As Pontes campión do Torneo Escolar Intercomarcal. Deronse cita no pavillón municipal, o campión pontés, Nebrija Pardo Bazán, o campión de Ferrol, Ánimas SD, e o campión da comarca do Lambre-Mandeo, Concello de Curtis. No primeiro encontro o Nebrija derrotou ó Curtis por 5-0, no segundo enfrontaronse Ánimas e Curtis con vitoria dos ferroláns por 7-0. No encontro decisivo o Ánimas demostrou ser o mellor conxunto e impúxose á Pardo Bazán por 9-2, tantos locais de Fornos e Raquel. Un equipazo o do Ánimas, con gran xogo e mellores individualidades, como xa o demostraron hai uns días no Torneo de Cariño de Fútbol 7 tras gañar na final a todo un Celta de Vigo por 4-1. A destacar os xogadores da selección de Ferrol, Iago Novo, que hoxe estivo inmenso, Jorge López, Ismael Graña, Raúl Pérez, ou Iván Sanemeterio, que hai unhas semanas proclamouse campión de España de fútbol sala coa selección galega alevín. O equipo do Nebrija Pardo Bazán contaba con 6 xogadores do CD As Pontes, o sensacional Fornos, Alex Pico, Brais Blanco, Nahúm, Raquel ou Dani, e completaron un bo quinteto titular que lle plantou cara ós ferroláns, pero no tramo final, co encontro sentenciado, os menos habituais tiveron os seus minutos e os ferroláns aproveitaron para redondear o marcador ata o excesivamente abultado 2-9, clasificandose asi pra a seguinte fase.

torneo_1.jpg


torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

torneo_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios