O PSOE pediu maior peso para As Pontes nos proxectos da Deputación

Lendo diariodeferrol.com:
“A agrupación socialista das Pontes mantivo o pasado martes unha xuntanza co presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda.
Os representantes do PSdeG-PSOE solicitaron unha maior presencia do municipio pontés nos futuros plans da institución provincial, especialmente para acadar a mellora das estradas sobre as que ten competencia este organismo, pero tamén para lograr unha mellor asistencia cultural á vila e ás parroquias.”…


…”Os socialistas ponteses pediron tamén unha atención especial desde os servicios sociais para cubrir as necesidades que hai neste eido.
Falouse ademais das deficiencias detectadas no entorno do parque de bombeiros, situado nos Airíos, xa que están aparecendo gretas que, segundo os responsables do partido, poden poñer en perigo a edificación.
O presidente da Deputación comprometeuse a asistir ós actos de inauguración da sede oficial do PSdeG-PSOE na vila pontesa, que terán lugar nas vindeiras semanas.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios