O RÍO CHAMOSELO, CANDO ÍA LIMPO .
O río Chamoselo (Concellos de As Pontes e Xermade) é un dos principias afluentes do Eume, xa que gran parte da súa bacía receptora desapareceu a consecuencia da explotación mineira de ENDESA. (río maciñeira, almigonde, ponte da pedra, meidelo…). Dende un punto de vista faunístico destacan a Lontra e o Gato bravo. Tamén ten importancia como zona de desove do Pancho de río (Chondrostoma polylepis) peixe endémico do noroeste peninsular.
Calquera veciño que se achegue ao Chamoselo e mire para o río dirá: E non se ve o fondo!. Con toda a razón do mundo, pois é lamentábel o estado no que baixan as augas dende que comezaron as obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. Os propios veciños do Aparral xa denunciaron en repetidas ocasións estes feitos, mais o río segue a levar cada día máis cantidade de lodos. Lodos que, non habendo outra explicación, poderiamos localizar a súa orixe nas obras da autovía que se están a realizar a escasos metros deste cauce fluvial, así como do río Trimaz, pertencente o Lugar de Interese Comunitario Parga-Tamoga-Ladra que tamén se atopa no mesmo estado.
Guerrilleir@s das Fragas FEG dirixiu escritos a: o Concello das Pontes, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e a Augas de Galicia, para que se depuren responsabilidades e se persigan os culpables, así como a posta en marcha dun plan urxente de recuperación dos cauces afectados.
Guerrilleir@s das Fragas FEG fai un chamamento ós cidadáns das Pontes, para que poñan atención neste tipo de atentados ecolóxicos que, á larga prexudican a tod@s. Así mesmo, cumpre dar un toque de atención tamén aos nosos políticos locais, para que aparquen por un instante as eleccións e fiten o noxento estado no que se atopa o río Chamoselo.
Ríos que nos dán de beber, ajjj, . Ríos que nos dán de comer, ajjj, .
Ríos que nos limpan, ajjj, . Ríos que nos lavan, ajjj, ..
Ríos que ferven o noso alimento, ajjjj, ..
E nós que lles damos aos ríos?
Lodo?
Canto máis?