O SECTOR DO COMERCIO PONTÉS FOI O ENCARGADO DE PREGOAR AS FESTAS PATRONAIS DA VIRXE DO CARME E A FRAGA

Unha vila non mariñeira como As Pontes celebra dende moi antigo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende 1858.
Se o pasado ano o colectivo sanitario foi o encargado do pregón das festas, neste quíxose homenaxear ó gremio do comercio, representado polas tendas máis antigas da vila. Normalmente o pregón realízao unha persoa, pero se no 2013 foron cinco os oradores, nesta ocasión nove comerciantes ponteses foron os auténticos protagonistas dun pregón das festas que xa vai polas catro décadas.
Comezou o acto, que tivo que celebrarse na Casa Dopeso por mor da chuvia, coas palabras do alcalde do Concello e Vila de As Pontes, Valentín González Formoso, quen relatou a historia do sector comercial pontés a través dos años, cos bos momentos, pero tamén coas dificultades que en diversas épocas tiveron que pasar. Na súa intervención, o alcalde pontés non quixo esquecer aquelas tendas das aldeas que tiñan de todo e en certa maneira eran o centro social de cada parroquia ou aldea. Aqueles antigos ultramarinos que foron desaparecendo co paso dos anos, debido ó despoboamento do rural e tamén pola esixente lexislación actual.
De seguido os verdadeiros protagonistas comezaron a achegarse ó atril para dirixir unhas verbas ós seus veciños e forasteiros que ateigaban o auditorio da Casa Dopeso. En todos deixábase notar o nerviosismo por estar diante de tanta xente para dicirlles unhas palabras con motivo das festas. Uns falaron sen a “chuleta” e outros tomaron man dela para intentar non equivocarse. Todos, homes e mulleres, relataron a historia das súas tendas e tamén tiveron palabras de agradecemento para os seus clientes e ó pobo das Pontes en xeral.
“pregon”


Antonio Lorenzo, de comercial Ferpu (fundado en 1966), foi o primeiro e fixo especial fincapé de que as festas das Pontes tiñan moita importancia debido sobre todo as procesións da Virxe do Carme, nas que todo o mundo participa, sexa ou non crente e moitos veñen de diversas localidades para asistir a elas. Seguiulle Nicolás Vázquez, fundador de Radio Eter, que rememorou a súa vida profesional, así como tamén a súa afección á música. Manuel Felgueiras, creador de La Estrella, descubriunos o por que do nome de “La Estrella”, un negocio familiar dende 1960.
Mercedes Fernández e Tonete Vigo, netos de Mourela, contaron ós asistentes a historia dun dos comercios máis antigos da Vila, con máis de setenta anos de vida, Ferraxaría Mourela. Digna Ramil, creadora de Ramil Moda, na súa breve alocución desexou a todos unhas boas festas e comentou brevemente a vida do seu negocio. Teresa Carballeira, actual xerente de Xoiería Carballeira, describiu brevemente o establecemento fundado polos seus pais. Margarita Formoso, de Casa Candelaría, improvisou un curto, pero entrañable pregón que fixo sorrir ó público. Finalmente, Luis González, describiu con detalle o seu comercio adicado ás verduras e froitas, tendo palabras de agradecemento para a súa familia e ós seus clientes.
Ó principio e ó final do pregón actuou a Tuna da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que interpretou temas moi coñecidos, como “Clavelitos”, “La Perla” e A Rianxeira, cantados e moi aplaudidos polo público asistente.
As Pontes, 18 de xullo de 2014 (AF)
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios