Amigus
As Pontes

O tramo Espiñaredo-As Pontes da autovía xa está en execución

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo diariodeferrol.com:
“Desde esta semana xa son dous os tramos en execución da autovía que, no seu día, enlazará a cidade de Ferrol coa poboación de Vilalba pola Galicia interior. Á intervención que discurre entre Igrexafeita e Espiñaredo, cabe agora engadir que, ó longo de casi nove kilómetros, mellorarán a comunicación viaria entre Espiñaredo e a vila pontesa.”…


…”Desta maneira, os kilómetros operativos son 18, os que están en fase de realización suman máis de 17 e os que se atopan en proceso de licitación ou redacción ó redor de 22.
No que se refire á intervención máis recente, contratouse pola cantidade de 25 millóns de euros e a realización dos traballos prevese de forma que o tramo Espiñaredo-Saa será executado pola UTE formada por Corsan-Corvián e Taboada-Ramos e o seguinte, Saa-As Pontes, correrá a cargo da constructora Gómez.
O desenvolvemento da primeira fase do proxectom que abarca unha lonxitude de aproximadamente catro kilómetros, suporá actuar sobre máis de 300.000 metros cadrados de desbroce, preto dun millón e medio de metros cúbicos de excavacións e case a mesma cantidade de terrapléns, ademáis da utilización de 80.000 toneladas de asfalto de primeira calidade.
Da realización da segunda actuación destacan os tres kilómetros de lonxitude que terá o novo vial, a utilización de case 60.000 metros cúbicos de regos asfálticos e o movemento de terras e excavacións que se aproximan á cantidade dun millón e medio de metros cúbicos.
O presuposto conxunto da autovía, que se identifica como AD-64, é superior ós 167 millóns de euros, dos que o Ministerio de Fomento aporta preto de 41 e os 126 restantes a Xunta de Galicia.
Esta infraestructura entrará en funcionamento na súa totalidade no ano 2006 e a inclusión no Plan Galicia dos tramos entre Espiñaredo e Vilalba garantiza un adianto de 14 meses sobre as previsións inicialmente establecidas.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios