O Xurado de Expropiación de Galicia arquiva o expediente de expropiación da Ampliación do Parque Empresarial de Penapurreira

O Xurado de Expropiación de Galicia ven de arquivar, segundo resolución de 16 de setembro, o procedemento de determinación do prezo xusto que se tramita no expediente de expropiación por tasación conxunta na “Ampliación do Poligono de Penapurreira” o que fai que esta entidade devolva o expediente á Administración Expropiante: o Concello de As Pontes.


Esta decisión ven motivada segundo a resolución “…pola falla de documentación… …xa que o Concello de As Pontes non achegou elementos e información esenciais para fixar o prezo xusto das fincas expropiadas, a pesar de tela solicitado por escrito xa o pasado 21 de marzo de 2007…” De feito, foi o 15 de xaneiro de 2009, cando o Concello respostou, sinalando que “non dispoñía de parte da documentación, nin contaba co xustificante de ter realizado a notificación da aprobación definitiva do proxecto de expropiación prevista na regulación do procedemento expropiatorio polo trámite de taxación conxunta.”
Engadía ademáis, o Concello, que “esa documentación a tiña Xestur Coruña SA e que como esta entidade no contestara aos requerimentos que se lle fixeran, o propio Concello descoñecía qué escritos e/ou documentación debería presentar”.
Con este arquivo do expediente, o Concello acaba de poñer nunha sitaución difícil aos propiearios que ían a ser expropiados e que, nalgúns casos, xa teñen naves industriais nas súas fincas, sen ter cobrada nin ir cobrar a expropiación.
Diversos propietarios afectados sinalaron no Concello a vontade de esixir legalmente a devolución dos seus terreos e impedir a continuación das obras nas fincas da sua propiedade, se non se acada un acordo nos próximos dias.
Fonte: AMIGOS DE AS PONTES + Xurado de Expropiación de Galicia

También podría gustarte
Comentarios