Obradoiro de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Música

Na primeira quincena do mes de xullo, o ANPA “O Eume e o Conservatorio de Música de As Pontes, organizan o Obradoiro de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Música. O final do obradoiro o alumno será capaz de crear e editar unha sinxela base musical para tocar/cantar sobre ela e de gravar un tema musical, todo iso cun PC ou Mac na súa propia casa, así como a sua difusión en novos soportes dixitais.
obradoiro_musica.jpg


DURACIÓN: 1 0 – 15 horas (estimado)
Prazas limitadas : 15 prazas
CUSTO: 60 Euros (non socios da ANPA) 20 Euros (socios da ANPA)
IDADE MÍNIMA: 12 anos
DATAS DE REALIZACIÓN: Obradoiro intensivo dunha semana de duración a celebrar durante a 1º quincena de xullo.
PREINSCRICIÓN: dende 30 abril ata o 22 maio na secretaría do Conservatorio.
Recolleránse as preinscrición por orde e unha vez remato o prazo, avisaremos aos alumn@s para que formalicen a matrícula.
OBXECTIVOS:
Ao finalizar o obradoiro o alumno será capaz de crear e editar unha sinxela base musical para tocar/cantar sobre ela e de gravar un tema musical, todo iso cun PC ou Mac na súa propia casa.
METODOLOXÍA:
O obradoiro é inminentemente práctico, polo que o alumno/a traballará directamente sobre un tema ou temas da súa elección baixo a supervisión do profesor.
CONTIDO:
Harware básico (ordenador, tarxeta, cableado, teclado MIDI)
Manexo básico de secuenciadotes
Arquivos MIDI: concepto, creación, arranxos.
Arquivos audio: conceptos básicos, gravación, arranxos.Edición básica de partituras.

También podría gustarte
Comentarios