Onte inaugurouse a nova sede do Conservatorio

Onte luns 10 de xaneiro de 2005 ás 12:30 inaugurouse a nova sede do Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez. Sita no que eran as Escolas de ENDESA, e acondicionadas pola Deputación da Coruña.

cons04.jpg


Ó acto de inauguración acudiu o Presidente da Deputación, D. Jesús Salvador Fernández Moreda, o Vicepresidente, D. Xaime Bello Costa e D. Pablo Villamar Díaz entre outros membros da entidade provincial. Tamén asistiu o Sr. Alcalde-Presidente das Pontes, D. Víctor Guerreiro Pena, o Concelleiro de Formación, D. Francisco Rodríguez Iglesias e o Director do Conservatorio, José Manuel Campello.
Foron invitados tódolos veciños e especialmente as asociacións culturais e deportivas do concello das que asistiu unha ampla representación.

cons01.jpg

cons02.jpg

D. Víctor Guerreiro no seu discurso de inauguración, onde fixo fincapé no desatendido que está o Conservatorio por parte da Xunta que é o organismo que ten competencias e da gran laboura que está facer a Deputación.
cons08.jpg

D. Salvador Fernández Moreda no seu discurso de inauguración, no que falou da obriga das institucións de xestiona-los fondos públicos sen mirar pola cor do partido que goberna nun concello.
cons05.jpg

cons06.jpg

cons07.jpg

Fotos cortesía de Hugo Arias

También podría gustarte
Comentarios