Dende mancomun.org…
Mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre vén de ampliar o seu convenio de colaboración cos grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia a tres asociacións máis. Son a Asociación Informática Amigus das Pontes de García Rodríguez, Inestable de Ordes e Compostela Wireless da capital de Galicia. Con esta ampliación Mancomun.org tenta obter unha maior difusión do código aberto por toda a comunidade.
Ata esta ampliación estaban dentro do acordo AGNIX, AULUSC, GALPon, GLUG, GPUL e GULO. O convenio procura a realización de actuacións para o fomento, desenvolvemento e implantación do Software Libre en Galicia. Na imaxe os representantes de Inestable e Compostela Wireless durante a sinatura do convenio.