Amigus
As Pontes

Os alevíns do Clube Deportivo As Pontes xogará este sábado as semifinais da Copa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] O equipo alevín do Clube Deportivo As Pontes xogará este sábado as semifináis da Copa diante do portuarios, e o primeiro partido será no campo do poboado ás once da mañá. O conxunto local rematou a pasada fin de semana coa primeira fase deste torneo cunha victoria por oito goles a un fronte ó
Perlío. O equipo da ría era o rival máis frouxo do grupo, e este partido rematou cunha goleada por oito a un.


Apenas houbo cor neste encontro, dominado de principio a fin polo equipo de Suso, que fixo unha fase eliminatoria perfecta, sen perder un só partido. Neste caso os rapaces locáis puideron relaxarse có pase a semifináis xa conseguido e nunha mañá de sol e calor tiveron un día excelente para disfrutar có fútbol.
A aliñación estivo formada por Manuel Durán, Simón López, Marcos Novo, Juán Donapetry, Diego Cebreiro, Borja Guerreiro, David Cebreiro, Diego Martínez, Adrián Meizoso, Diego Bellas, Aitor Fornos, Alejandro Ramos, Guillermo Vázquez, Eloy Ledo e César Román. Diego anotou tres goles e tamén marcaron Marcos, Borja, David, Adrián e Aitor.
Como dixemos, as semifináis comezarán o sábado ás once da mañá no Poboado, e o clube local terá que xogar contra o Portuarios, que será un rival máis complicado que os anteriores.
Menos sorte tiveron no primeiro partido de Copa os Benxamíns, que caeron por un tanteo de sete a cero contra o Escola de Fútbol Galicia, polo tanto quedan eliminados ás primeiras de cambio desta competición. Xa comentamos a semana pasada que o sorteo non foi nada afortunado, xa que os contrincantes foron campións de liga, e polo tanto eran o rival máis díficil de todo o bombo.
No equipo benxamín estiveron: Sergio, Yago, Alex, Marcos, Javi, Alex Galego, Sergio Criado, Alvaro, Miguel, Juán, Alberto e Darío.
Por outra banda, hai que indicar que o equipo infantil do Clube Deportivo As Pontes vai particiapr a partir de mañá venres na primeira edición do torneo CD Lugo de fútbol infantil Elide. A competición disputarase dende mañá venres e deica o domingo con 24 conxuntos dos clubes máis potentes de Galicia, e tamén do Real Oviedo e da Ponferradina.
A primeira fase xogarase mañá venres e o sábado pola mañá cós equipos divididos en oito grupos de tres equipos. Na segunda fase, os oitavos de final terán lugar o sábado á tarde, ó igual que os cuartos e as semifináis e fináis para o domingo.
Na primeira fase os encontros terán unha duración de 25 minutos cada parte, os cuartos e semifináis 30 minutos e a final alongarase deica os 40 minutos por cada tempo.
O As Pontes estará no grupo 4, xunto có Milagrosa e o Casás. Disputarán o primeiro encontro mañá seis menos dez da tarde contra o Casás, e o segundo ás oito menos vinte da contra a Milagrosa, ambos nos campos das Gándaras.
Pasan ós oitavos o primeiro e segundo clasificados de cada grupo. Polo tanto se os ponteses quedan primeiros ou segundos terían que xogar contra o Gaiteiro, o Foz ou o Celta.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios