Os nenos que usan videoxogos aprenden máis e mellor, segundo un estudo

Lendo codigocero.com:
“Dicir que xogar é o remedio a tódolos males é esaxerado, pero unha cousa parece máis ou menos certa: os usuarios de videoxogos parecen ter máis axilidade de reflexos e visión superior cás persoas que non xogan. Con independencia de que os personaxes superdotados destes programas lles transmitan algúns poderes ós usuarios, a cuestión é que a doutora en Optometría e directora do Centro de Optometría Internacional (COI), Marisol García Rubio, opina que si que se incrementan determinadas habilidades. Isto polo que respecta ó positivo. No outro lado da moeda están a tensión ocular, a fatiga e a dor de cabeza que levan consigo o uso continuado de videoxogos.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios