Os veteranos do Xuvenil 3º galegos en k4

O pasado sábado o k4 veterano do Grupo Xuvenil de Piragüismo As Pontes, formado por José Antonio Menéndez, Serafín Fontao, Ernesto Gancedo e Antonio Polo, fíxose coa 3ª posición no Campionato Galego de Pista na distancia de 1000m, a tan so 3 décimas da embarcación do Piragüismo Aldán, que rematou 2ª, e a 2,7 segundos dos favoritos, o k4 do Vilaboa.
Este resultado, sumado aos acadados o mes pasado na competición de embarcacións individuais, permitiu ao equipo veterano do Xuvenil alzarse co 3º posto por clubes do Campionato Galego de Pista para Veteranos.
O sábado tamen participou o k4 cadete de Carlos Durán, Xosé Guerreiro, Martín García e Miguel Dominguez, que foron 9º na súa categoría.
Por outra banda o domingo, no Encoro da Ribeira, desputouse a II Regata da Liga Provincial da Deputación da Coruña, para categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, na que se deron cita 294 rapeces e rapaces da provincia e na que o Xuvenil obtivo o 5º posto por equipos, destacando o 3º posto de Carlos Durán en k1 cadete e o 2º de Celia Durán en k1 benxamín.
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg


xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía do Grupo Xuvenil
Fotos de Teresa Leal, Piragüismo Vilaboa e Miguel Angel Villanueva.

También podría gustarte
Comentarios