Amigus
As Pontes

Padel Eume: GRANDES MOI GRANDES

Solo me saen estos calificativos , non se pode definir de outra forma o fin de semana dos nosos equipos sobor de todo do equipo “b” que cave recordar que e de nova formación con moita xente que leva dous telediarios ca pala na man , foron a Ferrol a sentenciar o segundo posto e non lles tremou o pulso para nada viñeron con unha difícil e axustada victoria por 2/3 que lles otorga no primeiro ano de vida un meritorio segundo posto do grupo so superado por un equipo de padelmar o cal podese dicir que e de outra categoría superior, leva todo victorias aplastantes na liga. Os ponteses seman a seman foron collendolle o punto a liga , comezaron pagando a novatada nas primeiras xornadas pero logo sacaron a sua casta e os resultados o din indiscutible segundo posto.
Pena/Portas , Pablo pico /Nino, Purri/Diego ,Techu/Vila, Armando/Lois. Esas foron as nosas parexas que viaxaban cargados de ilusión, os valentes que conseguiron os 3 puntos decisivos, pero tamen alentanto por teléfono estaban Tito,Manel,Oscar,Ruben,Guiller,Sevilla,Minchi,Cillero,Tomas , todos un equipo unha piña de amigos que partido a partido van disfrutanto de este deporte que a todos nos engancha, no momento final un estallido de alegría pasou polos corpos de todos estes deportistas , todo o que veña de aquí en diante e un premio , queda unha xornada e a fase de ascenso , consígase ou non o logrado e un éxito sin precedentes para un “equipiño” que se converteu nun “EQUPAZO” NORABOA CRACKS.
padel


O equipo “A” de Padel Eume que milita na terceira categoría enfrontabase os vecinos e segundos clasificados Clube de Padel Ortigueira, coma non podía ser outra teñenos ben acostumados, gañaban por un contundente 4/1 e asi manteñen o posto de lideres do grupo destacados.
Como parella primeira saltaban a cancha Fer Caaveiro e Santi franco, tiñan uns rivais correosos e non se confiaron en ningún momento levaron o primeiro set con un break no segundo xogo por 6/4 o segundo set comezou moi fácil para os nosos con un claro 3/0 pero foi un espexismo , chegou unha relaxacion inesperada en un visto non visto poñianse 3/4 no marcador a prol dos de ortigueira, de novo tocaba remar e meterse no partido que foi moi igualado ata o tie break que caia do lado pontes pola sua maior experiencia nestos casos 6/4-7/6 e primeiro punto.
Os segundos eran Dani Pena e Marquiños fdez. que tiveron que emplearse a fondo para levar un igualado partido no terceiro set . Levaron o primeiro por 6/4 , o segundo moi igualado perdiano por 7/5 , e foi no ultimo cando empezaron a espabilar e mostrar o seu verdadeiro nivel de padel gañabano por un comodo 6/2 e otorgaban o segundo punto da eliminatoria os Ponteses.
De seguido Pacheta Dopico e Xalo Maira xogaban un bonito partido con xogadas moi vistosas contra uns xoves rivais que son o futuro do padel ortegano, os rapaces lonxe de amedrentarse puxeron en apretos os nosos que gañaban en dous axustados sets o partido e otorgaban o 3 e definitivo punto da eliminatoria. 7/5-6/3.
Dani “manteca” lopez co seu inseparable chándal e Manuel Ferro entraban no cuarto turno , xogaron un partido moi táctico e con pouco ritmo as veces viase os nosos demasiado relaxados que os levaba a cometer erros incomprensibles , pero ainda asi tiñan o encontró dominado e venceron por 6/2 6/4.
Poty Leal e David Lake (leyenda) cerraban a contenda con un duro e trepirante partido , empezaron na berza cun 3/0 encontra pero rápido se repoñian e gañaban o set por 7/5 parcial espectacular para os nosos, pero o segundo set voltaban as andadas non se enteraban do xogo rival e perdían o set por un 6/3. O derradeiro set e definitivo parecía sentenciado cun 4/1 a favor dos ponteses pero ,, craso error , apagabanse todas as luces para os rapaces , non fixeron un xogo mais un parcial de 5 cero otorgaba o set e o partido a parella ortegana .
A vindeira semana Padel Eume recibe o clube de campo “b” que esta na segunda posición da taboa clasificatoria se vencen darán un paso definitivo para deixar sentenciado o grupo e o liderato.
padel
padel
padel
padel
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios