Padel Eume Matojoma: Na gran final

Obxetivo cumprido con creces no primeiro ano de vida de este gran equipo que forman os rapaces de PADEL EUME MATOJOMA, de vinte equipos participantes na categoría so catro privilexiados xogarán a final pola loita do ascenso dos cales dous levaranse o gato a auga.
Os nosos con unha semifinal perfecta vencendo en coruña por 1/4 e na casa por 3/2 deixaban ven as claras o seu potencial chegando a esta altura da tempada invictos cousa que so poden dicir outro equipo coruñes o Padel d3 de bergondo.
Coma parella un formaban Fernando Caaveiro e Santiago Franco, non empezou ben a cousa para os ponteses xa que no segundo xogo do partido Santiago notaba un forte pinchazo no xemelgo esquerdo que o levaba a caer desplomado na pista, temiase o peor que non puidera seguir, que a lesión fose grave pero quedou todo nun forte tiron , despois de ser tratado puido a duras penas permanecer na pista , cubrindo o seu compañeiro tres cuartos da mesma os ponteses perderon o primeiro set por 6/3, no segundo set as cousas cambiaron o xogador pontes moi ben posicionado no fondo da pista foi un valladar infranqueable para os coruñeses e Caaveiro unha tras outra vez facia de brazo executor levándose o segundo set por 6/3 no terceiro os ponteses crecidos e entonados rápido facian break no saque rival e levaban o set por 6/4 levando o primeiro partido para o casilleiro noso.
padel_eume_1.jpg


O segundo punto gañabano de forma moi comoda Santiago Barro e Daniel Pena con un comodo 6/1 6/1 non tivo demasiada historia sendo un partido moi rápido para os ponteses.
A terceira parella pontesa formabana Pedro lopez e Antonio purriños os cales non entraron en xogo en ningún momento , con moi pouco ritmo no partido os coruñeses sentianse moi comodos en defensa e os nosos non remataban os puntos con cal caian derrotados por un doble 6/1
Os cuartos en xogar eran a dupla Diego Prieto e Marquiños Fdez. Comezaba o partido moi igualado sin ningunha alternativa no marcador ata que os ponteses rompían o decisivo saque con empate a catro no marcador pero con 5/4 e saque entraballes o canguelo e non eran quen de cerrar o set , para mais inri os ponteses romperon denovo o saque dos rivais poñendose con 6/5 e saque pero nada mais do mesmo perdían o seu e 6/6 no marcador , a ver se no tie break podía ser, empezando con un 3/0 e saque fallaron 6 bolas seguidas perdendo o set cun monton de despropósitos non estaba para eles, no segundo vendose con 4/0 abaixo tiraron de orgullo e remontaban de forma espectacular gañando por un 6/4 , no ultimo e decisivo set quedaban os nosos sen folgos e cedían por un claro 6/3.
E por ultimo saltaban a cancha Poty Leal e David Lago o que pasou que chegaron tarde 13 min eso foi o que durou o primeiro set velo para créelo os ponteses adormilados non metían duas bolas seguidas na pista contraria 6/1 abaixo , cando se deron conta do desastre e se sosegaron un pouco chegou por fin o seu verdadeiro xogo facendo dous sets primorosos con moi poucos erros levándose un partido rarísimo por un doble 6/3.
Xa so queda un pasiño para cerrar esta exitosa tempada dos nosos animo a todos que o conseguriremos, para a semana xogan a ida da final sorte.
padel_eume_2.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios