Esta pasada fin de semana regatistas da clase Optimist do Club de Vela Fluvial de As Pontes desplazáronse ata Ares para disputar a clásica regata de verán Xeneral Gabeiras, que este ano cumpría a súa 36 edición.
Das 6 probas previstas para esta competición só se puideron disputar 4; 3 na xornada de sábado e 1 na xornada de domingo, dado que este último día as condicións de vento, moi frouxo e con roles de máis de 75º impedieron a continuidade da regata.
No aspecto deportivo destacamos, por unha banda, o debut en competición dos rapaces de Escola Sofía Varela, Águeda Vázquez, Martín Rivera e Xoel Platas. Todos eles con excelentes resultados.
E por outra banda, o debut na categoría de Regata de Xulia Dopico e Óscar Martínez que cumpliron con creces ante regatistas mais experimentados.
Nesta categoría tamén regatearon habituais coma Antón Dopico (10°), Paula González (5°) e David Villaverde que subiu ó podium nun merecido, pero tamén moi disputado, 2° posto.
A vindeira cita para os velexeiros ponteses será na casa, no lago de As Pontes, na disputa da 1ª regata clasificatoria do ranking galego da tempada 2023-2024, que levará o nome de VII Regata Lago de As Pontes-Trofeo Intacta.
Nova cortesía do club de vela fluvial As Pontes.