Amigus
As Pontes

RESULTADOS CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL IV REGATA PROVINCIAL 2º CIRCUITO DIPUTACIÓN DE A CORUÑA.

O pasado domingo día 12 disputouse a 4ª regata do circuito Deputación de A Coruña no porto de Miño. Participaron maís de 300 padexeir@s das categorías de base dende prebenxamín a cadete. O Grupo Xuvenil desprazou a 13 padexeir@s e estes foron os seus resultados:

-Javier Filgueira Fernández acadou o primerio lugar na categoría Prebenxamín.

-Izán Cascudo Montes foi séptimo na mesma categoría. Sendo ésta a súa primeira regata.

– Unai Penabad Galdo clasificouse en 1º lugar na categoría Benxamín “B”

– Na Categoría Alevín “A” Daniel Ferro acadou o 1º posto e Xoel Timiraos Picos clasificouse no posto nº 22 despois de volcar na saida debido o mal estado do mar.

– Na categoría Infantil “B” Xalo Romero Valle acadou o 1º lugar e Xalo Cascudo Montes clasificouse no 3º posto.

– Adrían Filgueira Fernández foi 2º na categoría infantil “A” e Omar Penabad Galdo e Bruno Tojeiro Asenjo clasificaronse 13º e 18º respectivamente nunha regata moi accidentada por mor da oleaxe e o vento.

– Na categoría muller Cadete Carmén Alén Bellas acadou o décimo lugar e Antía García Pico tuvo que abandonar na última volta ó circuito cando ia no sexto posto debido a un volco da embarcación.

– David Garcia Pena na categoría home cadete acadou o 26º lugar entre os 45 participantes nesta regata.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

 

También podría gustarte
Comentarios