PARTIDOS CD AS PONTES 10-11 NOVEMBRO

Nunha xornada na que ningún equipo xogou en As Pontes, resaltar os triunfos do Feminino, ambos Alevíns e o Benxamín A

FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (0-4)
Gran triunfo do equipo feminino por 0-4 en Pontedeume, nun encontro que xa quedaba sentenciado no primeiro tempo con dobletes de Paula Baamonde e Carlota. Son novenas con 8 puntos antes de recibir ó Rosalía, sétimo con 11.

XUVENIL A
CD AS PONTES-ESCOLA ESTRADA FB (1-2)

O Xuvenil pontés perdía en Somozas 1-2 ante o Estrada, nun encontro no que Emilio adiantaba ós visitantes ó pouco do comezo e pese a que Jandro recurtou distancias antes do descanso, un gol de Andrés preto do final daba os tres puntos ós pontevedreses. Son decimo quintos cos 8 puntos, e visitan ó Victoria B, noveno con 14.

XUVENIL B
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (7-5)

Sorprendente partido do Xuvenil B que acabou cun resultado de 7-5 a prol dos cedeireses, goles de Blanco (2), Mateo, Xan e Brais, nun encontro no que os de Paco López sempre foron a remolque. Rematan esta primeira liguiña oitavos con sete puntos.

CADETE
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (0-1)

Tamén en Somozas comezou a súa andaina o Cadete na Liga dos mellores con derrota ante o San Pedro 0-1. Na vindeira xornada visitan ó Estrella, que comezou perdendo 2-1 co Narón B.

INFANTIL
CD AS PONTES (DESCANSA)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-LIBUNCA SD B (14-0)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (1-2)

Goleada do Alevín A 14-0 na Capela, goles de Sergio Vázquez (3), Andrea Cruz (3), Nico Meizoso (2), Alejandro Leal (2), Destaw Pellón, Kevin Monteiro, Iago Blanco e Miguel Dopico. Son segundos con 15 puntos, e visitan ó Numancia, terceiro con 12. O Alevín B gañou 1-2 con tantos de Xoel Vigo. Son cuartos con 12 puntos e reciben ó Galicia de Caranza DE, sexto con seis.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA E (12-1)
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES B (2-0)

Tamén na Capela gañou o Benxamín A 12-0, goles de Íker Ares (2), Naúl Suárez (2), Felipe Riveira (2), Luis Fresco (2), Nacho Villasuso, Iván Rodríguez, Xalo Cebreiro e David Maseda. Líderes con 21 puntos visitan ó Ortigueira, sexto con 9. Derrota do Benxamín B 2-0. Son quintos con 10 puntos e reciben ó Ortigueira B, terceiro con 15.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (1-8)
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES B (4-3)

Dura derrota do Prebenxamín A 1-8, gol de Xoel Timiraos, ante o Eume, equipo co que estaban igualados na clasificación. Cuartos con 12 puntos, visitan ó Cariño, sexto con seis. A piques estivo de puntuar o Prebenxamín B en Mugardos, onde caeu 4-3, tantos de Daniel Corral (2) e Pau Jorrin. Reciben ó Eume BE.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios