PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 20-22 OUTUBRO

Importante partido do primeiro equipo, que necesita a vitoria ante o Boimorto

O CD As Pontes recibe este domingo ás 17:00 no Campo do Poboado ó Boimorto, en encontro arbitrado por Alejandro Vázquez Méndez. Equipo ascendido esta tempada, e que saiu momentáneamente dos postos de descenso tras vencer ó San Tirso 1-0 e lograr o segundo triunfo da campaña, tralo conseguido ante o Dumbría.

O equipo pontés necesita imperiosamente os tres puntos, xa que non se pode permitir moitas máis derrotas no que queda de Liga si quere ter alguna opción ó ascenso. Non tanto nos encontros da casa, que vai resolvendo ben, agás o sufrido triunfo ante o Ordes, lóxico dado o gran nivel do rival, e menos asumible o empate ante o Xallas, penúltimo clasificado.

Os maiores problemas do cadro pontés veñen nos partidos fóra, xa que só gañou en Castro, e perdeu os outros catro encontros oficiais a domicilio, ante o Victoria na Copa Deputación, e ante Dumbría, San Tirso e Arteixo, sendo o máis preocupante que estes son equipos que a priori non semella que vaian a optar a quedar entre os catro primeiros.

Isto lastra moito ó conxunto pontés, sobre todo con respecto ó líder sólido Paiosaco, que apenas ten tropezos, pero aínda quedan 30 xornadas por diante e a máis inmediata é a deste domingo no que só cabe conseguir os tres puntos ante un Boimorto que é quinto pola cola, pero con dous triunfos nas tres últimas xornadas, e que empatou 4-4 en Viveiro.

Un só enfrontamento entre ambos equipos, e hai que remontarse ao Nadal de 1982-83, onde gañou o cadro pontés 4-1 a un Boimorto que pechara a clasificación aquela tempada.

PREFERENTE
CD AS PONTES-BOIMORTO CF (DOMINGO 22, 17:00)

FEMININO
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (DOMINGO 22, 11:30)

XUVENIL
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (SÁBADO 21, 16:30)

CADETE
CD AS PONTES-CD NARÓN A (SÁBADO 21, 17:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-ÁNIMAS SCDR (SÁBADO 21, 11:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 21, 11:00)
GALICIA DE MUGARDOS B-CD AS PONTES B (SÁBADO 21, 11:00)

BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (VENRES 20, 18:30)
CD AS PONTES B-SD CULTURAL MANIÑOS B (SÁBADO 21, 12:10)

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (SÁBADO 21, 12:00)
CD AS PONTES B (Descansa)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios