PARTIDOS AMIGABLES DO CD AS PONTES, MARCHA DE DAVID AMADO E FICHAXE DE “BAMBAM”

O CD As Pontes xoga esta fin de semana dous partidos amigables. O primeiro será o sábado 15 en Viveiro na disputa do tradicional trofeo “Cidade de Viveiro” contra o titular da cidade da Mariña luguesa.
CD-As-Pontes-2009-10.jpg


Ó día seguinte, domingo 16, desprazarase ata a veciña localidade de Narahío para enfrontarse ó UD Somozas. O gañador deste partido recibirá o trofeo “Concello de San Sadurniño”. Os dous partidos comezarán ás seis e media da tarde (18,30h).
Ate o de agora os ponteses levan unha pretemporada mediocre con tres derrotas noutros tantos encontros disputados no campo do Poboado, contra o Cerceda (0-2), Rácing Vilalbés (0-3) e Betanzos (1-4). Polo que é de esperar que o equipo ofreza unha imaxe diferente á dos partidos anteriores.
Para estes dous encontros o adestrador pontés, Alberto López, contará practicamente con tódolos efectivos, incluída a última fichaxe Iván Andrade, máis coñecido por “Bambam”, xogador de 23 anos que ven cedido do CD Lugo e que xoga en calquera posición dianteira. A chegada de Bambam ó plantel pontés veu a raíz da marcha de David Amado, que en xullo estivo a proba co Rácing de Ferrol e ultimamente loitaban por el o Narón e o Somozas, equipo este que se fixo cos servizos, en calidade de cedido, do bo xogador pontés quen hai dous anos realizou unha boa campaña na división de honra xuvenil e o pasado ano os seus goles foron claves para que o equipo das Pontes lograra puntos importantes de cara á permanencia na categoría.

También podría gustarte
Comentarios