PARTIDOS FEMININOS

O As Pontes Feminino comezou con bo pe a súa andaina na Copa Galega tras vencer a domicilio ó Milagrosa de Lugo por 1 gol a 2.
Comezaron gañando as azuis tras un golazo de Carlota, pero rápidamente empataron as visitantes por medio de Paula. No segundo tempo Alba marcou o segundo tanto batendo por alto á porteira visitante, e a pesar de que houbo ocasións para os dous bandos o marcador non se moveu e o As Pontes vence a domicilio ó seu principal rival para conseguir un posto na seguinte fase. O Victoria de A Coruña, equipo que gañou todos os partidos de Liga perfilase como o campión de grupo, e pola segunda plaza que da acceso á segunda ronda semella que loitarán pontesas e lucenses.
femenino_01.jpg


Salido alineou a Leti, Yaiza, Patri Dopico (Iria 64´), Jani, Silvia, Lara, Clara, Alba, Paty Blanco, Carlota e Carliña. O conxunto visitante formou con Antía R, Laura (Nerea 84), Antía P (Marta 68), Carmen, Beatriz, Cristina, Paula (Lucía 55), María C (Tamara 12), Susana, Melodi (Emma 78) e María L. Pitou o colexiado Alejandro Fernández López e o encontro diputouse no campo Luis López Gorgoso de Lugo.
As pontesas recibirán ó todopoderoso Victoria o vindeiro 21 de marzo, pero de momento van de líderes.
Por outra banda, esta fin de semana produxose o debut do segundo Equipo Feminino na Liga Comarcal, ante o Cariño.
As máis pequeniñas do As Pontes, con idades que oscilan entre os 13 e os 15 anos xogaron moi ben ante un gran equipo con xogadoras máis veteranas e que xa o ano pasado quedou segundo na Liga (tras Portuarios).
Gañaron as locais 2-0 con tantos nos últimos minutos de Carmen e Sheila. Por parte das azuis, varias ocasións de gol, a máis clara, unha de Patri.
Xogaron Jessica Tojeiro, Cristina García, Paula Vilaboy, Patricia Rochela, Natalia Coutado “Nato”, Antía Rodriguez, Cristina Moirón, Janira Martínez, Paula López “Chipy”, Natalia Martínez e Uxía Pico. Completa a plantilla Sabela López.
Na Liga Comarcal de Fútbol-8 desta tempada 2009-10 tamén están Ortigueira, Meirás e Aspirantes, e xogaranse partidos a doble volta ata o mes de Maio.
Nova cortesía de Carliña e X.F.
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios