Patricia Blanco e Yaiza Paleo xogarán o Campionato de España Sub16 en Marbella

O fútbol pontés volve a estar de noraboa grazas á nova convocatoria de Yaiza e Patricia coa selección galega, nesta ocasión, sub16.
Isto reflicte o bo momento do fúbol feminino pontés, i en concreto da lateral Yaiza e da dianteira Paty, quen no último encontro ante o Noia meteu 3 goles, e nesta ocasión a convocatoria ten maior mérito se cabe porque se trata dun torneo sub16, por tanto, para xogadoras nacidas na súa maioría en 1993, e as nosas son de 1994.

yaiza_paty.jpg


A primeira Fase deste torneo xogarase entre os días 8 e 11 de Xaneiro, e as 14 seleccións dividiranse en 4 grupos. No Grupo 1 estarán Madrid, Castela León, Asturias e Navarra, no Grupo 2, Andalucía, Castela A Mancha, Canarias e Murcia, no Grupo 3 estarán Aragón as Illas Baleares e a nosa selección, namentres que no grupo 4 estarán Cataluña, C.Valenciana i Extremadura. A selección galega xogará o día 9 ás 10:00 contra Aragón e o día 11 tamén ás 10:00 contra a selección das Illas Baleares.
A lista de 18 xogadoras da selección galega sub16 está conformada por 7 sub16, máis 11 sub15 das que xa estiveron en Valencia, entre elas Yaiza e Paty. As convocadas son: Jesica Prieto, Lidia Tilve, Marina Santiago, Alejanda Arias, María Arufe (Atlético Arousana) Iria Llovera, Natalia Sánchez, Candela Gómez (Cidade de Santiago), Sheila Sánchez, Alejandra Noroña (Orzán), Jennifer González, Claudia García (Coruxo), Patricia Blanco Carballo, Yaiza Paleo Corral (CD As Pontes), Paulita López (Racing Ferrol), Andrea Carid (Pontevedra), Marta de la Torre (Alondras), Maria Veiga (Xuventu Aguiño).
As mencionadas xogadoras desplazaranse ata a localidade malagueña de Marbella en autobús, que saíra de Santiago de Compostela o martes día 6, ás 18:00.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios