Amigus
As Pontes

Accidentado Rallye de Narón


Esta fin de semana vense de disputar unha nova e accidentada edición do Rallye de Narón, que se saldou con varios feridos de diversa consideración. O accidente máis grave ocorréu onte a mediodía na rasante de Recemel, onde tres afeccionados resultaron mancados tras unha saída do Peugeot 106 que conducía Rubén Sánchez. Un deles sufríu fractura de tibia e peroné, outro recibíu un golpe nun nocello e o terceiro nunha man. Os tres foron trasladados ao Hospital Arquitecto Marcide, onde o primeiro deles foi operado.


O outro accidente con feridos ocorréu no tramo de Marbán, preto das Somozas. O piloto Juan Casares golpeou a unha espectadora có seu coche e producíulle unha fractura de tibia, da que foi operada de urxencia tamén no Arquitecto Marcide.


Ámbolos dous tramos foron neutralizados pola Garda Civil de Tráfico pola gran afluenza de público (aínda que a organización do rali se amosaba disconforme coa anulación dos mesmos). Xa pola tarde, unha saída do Citröen Saxo de Pablo Sánchez causou magulladuras nalgúns afeccionados.

Gañou Pedro Burgo.
Info recollida de La Voz de Galicia.

También podría gustarte
Comentarios