Amigus
As Pontes

PLAY OFF DE ASCENSO. CR FENDETESTAS 23 – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO 3

O equipo pontés de rugbi consigue o ascenso á Primeira Territorial galega

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas pontés de rugbi conseguiu este sábado no Campo do Poboado un brillante ascenso á Primeira División galega tras gañar na final do play off de ascenso ó Zalaeta de Arteixo por 23-3.

Nun Poboado con moito público, o encontro marchou ó descanso con 7-3, tras adiantarse pronto os arteixáns, e responder os locais tras roubar o oval e rematar a xogada Toño Ferreiro e o lanzamento a paus Rober.

No comezo do segundo período o cadro local puxo terra de por medio con tres golpes de castigo transformados por Rober que situaban o 16-3 no tanteador.

Puideron recurtar distancias e darlle emoción ó encontro os visitantes nunha xogada na que quedaron ás beiras do ensaio, pero foi o Fendetestas, na contra posterior, o que conseguía sentenciar tras un ensaio de Joel, e o acerto no lanzamento a paus de Rober, que situaban o 23-3 definitivo.

O equipo pontés remata a campaña con 15 triunfos e unha soa derrota. Entregaron os diversos trofeos o alcalde Valentín González Formoso e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, a Joel Carballeira e a un Xose Cendán que xogou todo o encontro con 49 anos, pero só no Dni. Tamén houbo tempo para homenaxear a Álvaro, que se retira tras moitos anos nos campos de rugbi.

Xogaron Asier, Moncho, Pastel, Gallardo, Moeche, Vity, Andrés, Joel, Toño, Robert, Huesy, Antón, Iván, Anxo e Miguel, entrando despois Pablo, Xose, Ramiro, Brul, Varela, Robertazo e Rafa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios