PLENO DOS EQUIPOS DE PADEL EUME

Na mañan do sábado o equipo pontes de padel eume”b” desperazabase o clube padelmar ferrolan para disputar a séptima xornada do grupo, os ponteses solidos seguen na pugna polo segundo posto do grupo.
Como primeira parella en liza entraban Manel Bermudez e Diego Prieto que con un xogo sen fisuras e moita tranquilidade levaban o partido moi cómodamente por un contundente 6/1 -6/2.
De seguido na pista contigua estaban a xogar Tony Purriños e Oscar Bermudez que tiñan que lidiar ca parella mais completa dos locais , os nosos curtidos en mil batallas sacaban proveito da experiencia e daban o segundo punto os ponteses, 7/5-6/3 e a eliminatoria puñase moi favorable cun comodo 2/0
Toni Vila e Jose Carlos Portas amosaronse denovo como unha parella solida e conxuntanda finiquitando a eliminatoria por un claro 6/3-6/3 comodos , solidos e sen fisuras ese foi o seu xogo .
Dani Cillero e Esteban xogaban o partido mais entretido de toda a mañan, tres durísimos sets cunha igualdade incrible que se decantou na morte súbita do terceiro set a favor dos nosos , 4/6-7/6-7/6 , partido de infarto a nosa parella mostrouse fría como o xeo gañando de forma clara os dous tie breaks e dando o cuarto punto .
A derradeira parella Borja Pena e Guiller Rivera colleitaban a única derrota de Padel Eume , non deron entrado no partido en ningún intre moitas imprecisions e erros non forzados levaban a derrota por un claro 6/4-6/1, pero a eliminatoria xa estaba mais que sentenciada vencendo os ponteses por un claro 4/1.
“padel_eume”


A vindeira xornada Padel Eume xoga o derbi pontes contra o outro equipo do pobo na que se vai dilucidar a loita polos postos altos da clasificación.
Pola sua banda o primeiro equipo de Padel Eume visitaba no mediodía do domingo o pechacancelas do grupo San Mateo “d”.
As parellas formadas por Poty/Dani, Lopez/Marquiños, Caaveiro/Pedro, Xalo/San, e Lake/Cañi non tiveron ningún problema en solventar todos os enfrontamentos dunha maneira moi comoda vencendo de xeito contundente por un claro 0/5 no computo xeral, os ponteses encaramanse en solitario no alto da clasificación despois de disputar o ultimo partido da primeria volta con un global de 6 victorias e 1 derrota, a semana que ven escomeza a segunda volta agardamos manter o liderato .
padel_eume
padel_eume
padel_eume
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios