Amigus
As Pontes

LIGA DE PÁDEL DAS RÍAS ALTAS 2014

O PADEL AS PONTES A PUNTO DE LOGRAR A VITORIA ANTE O LÍDER GLOBALPADEL R
O Pádel As Pontes a piques estivo de dar a sorpresa na sétima xornada da liga das Rías Altas ante o líder Globalpádel R, que ata esta xornada só cedera un set ó Padelmar, xa que nas restantes vitorias fixera pleno. Ó final 3-2 para os ferroláns nun gran partido de tódalas parellas do As Pontes.
Os puntos do As Pontes foron os logrados por Edgar Franco e Antonio Ramos, que venceron por 7-5, 6-7 e 6-4 á parella ferrolá formada por Carlos Dacosta e Miguel Ares. Chicho Tembrás e José Luis Trastoy impuxéronse a Manuel Pazos e Enrique Díaz por 7-5 e 6-4.
Pese a facer un bo partido, caeron en dous sets (4-6 e 6-7) Toni Prieto e Rubén Vivero ante José Castro e Alberto Cinza. Os rapaces Ignacio Meizoso e Pablo Fernández puxéronlle a cousas difíciles ós ferroláns Andrés Gabarres e Jorge Rodríguez, que tiveron que resolver o partido no “tie break” do segundo set. O resultado final foi de 1-6 e 6-7.
Pedro Romero e Juan Trastoy perderon o seu enfrontamento contra Gustavo Pastor e Fernando Leira por 1-6 e 0-6.
Na vindeira xornada partido de rivalidade entre os dous equipos ponteses, Pádel Eume e Pádel As Pontes. Na primeira volta o As Pontes gañou por 5-0.
padel_aspontes_0001.jpg


O EQUIPO FEMININO PERDEU NA SÚA VISITA A ORTIGUEIRA
En partido aprazado da segunda xornada o Pádel As Pontes feminino perdeu en Ortigueira por 3-2 ante o segundo clasificado, Pádel Ortigueira.
Os puntos das pontesas foron conseguidos por Cecilia García e Sandra Pajón que venceron por 4-6 e 6-7 a Carmen López e Natalia Gregorio. Mónica Tojeiro e Laura Rodríguez gañaron en tres sets á parella ortigueiresa formada por Irene Gómez e Teresa Franco por 6-7, 7-5 e 2-6.
Vanesa Martinez e Marta del Moral caeron por 6-4 e 6-2 ante María José Aguiar e Marta Díaz. Rita del Moral e Raquel Tojeiro perderon por un dobre 6-0 ante as ortigueiresas Ana Franco e Dolores Rubido. Finalmente as pontesas Angie García e Pilar Silva perderon por 6-3 e 6-1 diante da parella do Ortegal formada por Marga Freire e Teresa Franco.
Na vindeira xornada o equipo pontés xoga en Ferrol ante o Club de Campo, cuarto clasificado cos mesmos puntos que Pádel As Pontes e o Casino Ferrolano.
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
padel_aspontes
Nova cortesía de AF

También podría gustarte
Comentarios