PODIÓ PONTÉS EN SARRIA

Adrián Bouza gañou, e Pablo Castro, foi terceiro.

Este sábado comezaba o Campionato Galego de Slalom, coa proba disputada no Concello lucense de Sarria.

O pontés Adrián Bouza Soto, Campión Galego da especialidade en 2015, segundo en 2013, e terceiro en 2012 e 2014, comezaba a defensa do título, con vitoria, e tamén outro pontés, Pablo Castro Pajón, finalizaba terceiro.

Curiosamente son as mesmas posicións nas que remataron a clasificación xeral do Campionato Galego do ano pasado, no primeiro e terceiro escalón do podio.

Tralas catro mangas oficiais, das que se rescataba o mellor tempo, dos 29 participantes, gañaba Adrián (Meira), que fixo 1:28:411, na última das mangas. Pablo (As Pontes MotorSport), era terceiro , tras facer 1:29:018, tamén na derradeira carreira. Segundo era Joel Souto, cun tempo de 1:28:552 na cuarta manga.

Quedan por disputar as probas de Moeche, Valga, Castro, Touro, Fene.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios