PONTEVEDRA ACOLLEU O CAMPIONATO DE EUROPA DE TRIATLÓN
Sensacional espectáculo o vivido esta fin de semana en terras pontevedresas onde se deron cita os mellores triatletas do continente.
As probas comezaron o venres coa disputa das competicións junior con doblete alemán despois das victorias de Justus Nieschlag e Hanna Philippin.
O sábado chegou o momento cumbre. As 12 do mediodía foi a proba élite feminina con gran triunfo da francesa Emmie Charayron, que aventaxou en casi medio kilómetro ó resto das súas rivais. No sprint polas outras medallas, prata para a checa Frintova e bronce para a italiana Mazzetti. Desgraciadamente a última clasifcada do sprint foi a vasca Ainhoa Murúa que repetiu a sensacional cuarta praza do ano pasado. Sexto lugar para Marina Damlaimcourt, 22ª Maria Pujol e 30ª Marta Jiménez.
As 4 da tarde chegou o momento dos grandes triunfadores da fin de semana, os atletas paralímpicos, que ademáis do seu gran mérito e da entrega do público competiron cando máis calor facía nun día xa moi soleado de por si.
Como colofón, ás 7 da tarde chegou a proba élite masculina, onde dúas das glorias deportivas galegas, Iván Raña e Gómez Noya non tiveron o seu día e acabaron 39º e 40º respectivamente, sobre todo o triatleta ferrolán, que acudía como gran favorito xunto a Alistair Brownlee, pero a presión e os problemas físicos nadas máis comezar a carreira a pé truncaron as súas posibilidades. Doblete glorioso dos irmáns Brownlee, o maior, Alistair, ouro, o menor, Jonathan, prata, o ruso Dimitry Poliansky, que gañou a Copa de Europa de Pontevedra en 2009, foi bronce, e sensacional o campión mundial junior Mario Mola que foi cuarto, anque outro galo cantaría para o balear se na transición da bicicleta non se escapara o terceto medallista, que senon seguramente tocaría metal. Ramón Ejeda 27º e Jose Miguel Perez 42º.
O domingo rematou o campionato coas probas de relevos, con triunfo en Senior para Alemaña e en Junior para Gran Bretaña.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro