Amigus
As Pontes

PONTEVEDRA CF 5 – GALICIA SUB18 1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Onte á tarde desputouse o partido de preparación entre a selección galega sub18 e o Pontevedra.
Nun día festivo en Vigo pola celebración, tódolos 28 de Marzo, dos 203 anos da Reconquista de Vigo, precisamente o equipo que máis xogadores aportou foi o Celta, con 4, por 3 de Deportivo e Racing de Ferrol.
Nunha tarde calurosa, o fermoso Campo de Pasarón presentou unha entrada de máis de 200 persoas.
O partido presentouse descompensado, xa que á maior veteranía e experiencia do equipo pontevedrés, con moita calidade tamén, uniuse o feito de ter maior banquiño, xa que os do “hai que roelo” sacaron dous onces distintos en cada tempo, mentres que Galicia apenas tiña cambios.
pontevedra_001.jpg


Con moi boa estatexia o equipo granate sacou o teórico equipo suplente nos primeiros 45 minutos, e adiantouse 1-0 e a piques estivo de marcar o segundo, tras un tiro que foi ó longueiro, botou na liña, e logo sacou como puido o porteiro internacional sub17 do 2011 David Gómez.
Xa no segundo tempo o Pontevedra sacou ós seus titulares, os mesmos que xogaron hai apenas un mes no Campo do Poboado, e o cansanzo ía facendo mella no equipo xuvenil, que foi encaixando un gol tras outro ata o 5-0, incluindo un de panalti e dúas ocasións claras, e destacando un xogadón do gran Manu Barreiro no que regateou a catro xogadores da selección.
Con 3-0, a selección galega puido anotar o gol da honra por medio dun penalti, pero ó bo central céltico David Goldar adiviñoulle a intención o porteiro Adrián. Preto do final, nunha falta lateral ó borde da área o dianteiro do Racing de Ferrol David “Jason” Remeseiro marcou un golazo digno de ver, cun zapatazo digno de mesmísimo Cristiano, que se colou pola escadra, facendo o 5-1 definitivo.
Sen tempo pra máis, á espera de coñecer rival en semifinais e a localidade organizadora, a selección galega quedanlle tres semanas pra afrontar a fase final do Campionatro de España.
O xogador pontés Alex Cabarcos xogou os 90 minutos no lateral esquerdo.
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
pontevedra_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios