Amigus
As Pontes

PP, BNG e PSdeG coinciden na necesidade dunha reforma da Constitución Española no seu 25 aniversario

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo galiciainformacion.com:
“Mentres o BNG cre que os actos protocoloarios da celebración da Constitución cheiran a naftalina, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, insiste que en que o único que impide a reforma da Carta Magna é o terrorismo porque “non é unha pedra” no fondo do mar. Pola súa parte, o líder socialista, Emilio Pérez Touriño, opina que ‘chegou o momento de superar o que non funciona para favorecer a integración e a cooperación’.”…


…”Touriño, pediu a Fraga que “non negue na acción política o que predica e publicita en conferencias e seminarios”. Touriño afirmou que “chegou o momento de que Fraga leve á acción política, ao Parlamento, as súas reiteradas propostas de reforma da Constitución”.
O responsable socialista reclamou a Fraga que “polos intereses de Galicia, resolva as contradiccións nas que vive, entre a obediencia á dirección madrileña do PP e as súas conviccións e obrigas con Galicia”. Así mesmo, engadiu que, “unha vez máis, o PP está a ser o verdadeiro obstáculo para que se leve adiante unha nova e modernizada lectura da Constitución e do Estatuto de Autonomía”.
Os socilistas aseguran que, 25 anos despois, “chegou o momento de superar o que non funciona para favorecer a integración e a cooperación”. Touriño afirmou que “a incuestionable e imprescindible lealdade constitucional non pode confundirse cunha lectura imposta que petrifique a Constitución” e que “o inmobilismo e a parálise
non son sinónimas de prudencia nin sensatez”.
NON CO TERRORISMO
Pouco antes, o presidente Fraga Iribarne reiterara que para a reforma da Constitución cómpre “partir do mesmo ou máis consenso co que foi elaborada” e advertiu tamén que para a súa modificación precísase “vivir en paz en toda España. co criminal terrorismo de ETA totalmente erradicado”. Tamén lembrou que desde Galicia “para reforzar o impulso autonómico” suxeríronse reformas constitucionais.
Fraga indicou que estas propostas non se pretenden “impor en ningún caso unilateralmente”. Manifestou tamén que “desde sectores sociais, que non representan ao conxunto de España nin ás suas respectivas rexións, os nacionalismos radicais empeñanse en minar o consenso constitucional”.
Fronte a esta situación, que, ao seu xuízo, propugna “un claro disenso sociolóxico”, avogou por que a mocidade coñeza a Constitución, “que a estime como magnífica norma para exercer todas as liberdades, vivir en paz e progreso”.
CHEIRO A NAFTALINA
O Bloque Nacionalista Galego considera, pola súa parte, que hai que acometer
unha reforma da Constitución, da que se cumpren mañá 25 anos, e critica que Executivo de Aznar se empeñe en “sacralizar” un texto constitucional que ficou “obsoleto nalgúns temas”. Ademais, critica que España sexa o único país da Unión
Europea que ten “un día para celebrar a sua Constitución”.
“Non estamos en tempos de actos protocolarios, estes si con olor a naftalina, senón en tempos de análise da situación, necesario diálogo entre as distintas
opcións políticas existentes e propostas de futuro, sen sacralizar un texto constitucional que está obsoleto nalgúns temas” .
O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, reclamou “diálogo, responsabilidade e lealdade” ao PPdeG e ao PSdeG para “recuperar o paso” e afondar no autogoberno de Galicia “a través da cooperación e do consenso”.
Nun acto do BNG para conmemorar o 25 aniversario da Constitución española, Quintana leuo un manifesto oficial no que pediu “máis autogoberno, máis benestar e a defensa firme e contundente” dos intereses de Galicia. Así, destacou que Galicia
ten hoxe institucións “capaces de lle servir se houbese bo goberno”.
Segundo o senador nacionalista, a comunidade galega dispón de “ferramentas validas” para “construir” o que demandan os galegos. Sen embargo, deixou claro que non existe “vontade política e convencemento para empregar” estas ferramentas.”
Galicia Información/ EP
6/12/03
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios