Amigus
As Pontes

PREEUROPEO DE KAZÁN. GALES 0 – ESPAÑA 1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triunfo agónico pero merecido de España no segundo encontro da segunda fase de clasificación ó Europeo Sub17 que se está a levar a cabo na cidade tártara de Kazán.
Para este partido onde España necesitaba imperiosamente os tres puntos, e ante o equipo teóricamente máis débil, para nada doado, o seleccionador español buscou un equipo con maior profundidade, e Enrique quedou no banquiño en detrimento do colchoneiro Montoro. Non foi o único cambio. Na medular sorprendeu o trueque do capitán Chirivella, que xa estivo o ano pasado en Croacia xunto co porteiro Marín e o central Juanma, cun ano menos, polo medio culé Sarsanedas, e saiu o adiantado barcelonista Alex Carbonell en detrimento do extremo Altamirano.
kazan.jpg


Na primeira metade dominou máis España anque ambos equipos adicaronse máis a controlar ó rival, pois unha derrota deixabaos fora, pero nos segundos 40 minutos España foi a por todas e tralo decimoquinto tiro a porta do partido dos españois, tras outro córner, outra vez botado polo xogador do Villarreal Aleix García, o sportinguista Jorge Mere facía o 0-1 que deixa con vida a España a dez minutos do final.
Custalle moito ós xogadores avanzados de España marcar gol e conta o equipo de Denia con 4 puntos gracias ós tantos do medio Madger e do central Mere en xogadas de estratexia.
Xogou España con Juan Soriano; Julio Pleguezuelo, Antonio Montoro (Asier Villalibre 56´), Jorge Mere, Adrián Marín; Ferrán Sarsanedas, Madger Antonio (Diego Altamirano 40´); Sergi Canós, Alex Carbonell, Aleix García; Toni Martínez (Pedro Chirivella 68).
No outro encontro de grupo Rusia adiantouse mediada a segunda metade por medio do capitán Yamschikov, tras anotar un tanto de falta, nunha xogada de doble premio para os rusos pois nesa infracción resultou expulsado Selmanaj. Pero o que son as cousas, cando mellor o tiñan os rusos, no desconto, e tras un córner botado por Alves, apareceu o gran kosovar Albian Ajeti, un dos máximos goleadores da primeira fase, para rescatar ó equipo helvético, e poñer o definitivo 1-1 no electrónico.
Así as cousas Suiza e España teñen 4 puntos, e os mesmo goal average, por 2 puntos de Rusia, e Gales sen puntuar, xa eliminada. O gañador do encontro Suiza-España estará en Malta, en caso de empate entre os dous equipos, dependerase do resultado entre os rusos ante uns galeses que non se xogan nada, con unha máis que probable vitoria local. Tres días sen durmir e tarde de transistores a do vindeiro luns ás 16h, 19h no horario local.
Ademáis do anfitrión Malta, xa está clasificado Holanda, que venceu 3-1 a Francia no encontro decisivo, tamén Portugal, que superou 3-0 a Ucraina, e Escocia, que se clasificou como local ó grande, cunha xornada de antelación. Aínda en xogo, no grupo 2, Polonia e Turquía xogaranse o pase entre eles o domingo, coa curiosidade de que como ambos equipos están empatados a todo, se igualan no seu encontro, os cartóns amarelos decidirán o equipo clasificado. No Grupo 4 Inglaterra e Italia desputaranse o billete, e o 5 xogarase entre a goleadora Alemaña e a local Serbia. Así pois, Malta, Holanda, Escocia e Portugal, esperan a outros catro equipos pra completar a Fase Final.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios