PREEUROPEO DE KAZÁN. SUIZA 1 ESPAÑA 0
Nunha tarde de transistores a selección suiza levouse o gato á auga e clasificouse para a Fase Final do Europeo Sub17 deixando ós rusos coa mel nos beizos, e España quedou fora por deméritos propios por cuarto ano consecutivo.
Partía con ventaxa a selección española, ademáis de depender de si mesma, coma os helvéticos, o gran dianteiro Ajeti, o medio Arnold, e o central Selmanaj, expulsado no encontro contra os rusos, a columna vertebral suiza, non puideron ser da partida, pero nin así se amilanaron os suizos.
A primeira parte foi de dominio alterno anque Suiza chegou máis veces.
A segunda parte foi un toma e daca. Os rusos vencían 1-0 a Gales dende o comezo cun gol de Pronichev de penalti e a ningún dos dous equipos lles valía o empate.
Chegaba con algo máis de perigo Suiza anque Toni Martínez puido cambiar o destino do encontro cun tiro de falta ó poste no 61´ .
Sen embargo foron os suizos os que tras un lanzamento de falta botado por Schattin rematado por Alpsoy marcaron o único tanto do encontro a 5 minutos do final.
Melkadze poñía o 2-0 para os rusos no desconto soñando cun gol do empate de España que os clasificara.
Pero os suizos mantiveron a portería a cero e clasificaron con 7 puntos, por 5 de Rusia, 4 de España e ningún de Gales.
Repetiu Santi Denia a zaga defensiva que xogou cos galeses e por tanto aliñou a Juan Soriano; Julio Pleguezuelo, Antonio Montoro (Madger Antonio 72´), Jorge Mere, Adrián Marín; Pedro Chirivella (Brais Méndez 48´), Ferrán Sarsanedas; Sergi Canós (Toni Martínez 53´), Diego Altamirano, Aleix García; Asier Villalibre.
Ademáis de Malta, que organiza, Holanda, Escocia, Portugal, onte clasificouse Turquía, na rolda máis emocionante de todas, pois tras empatar a todo con Polonia, resolveron a clasificación a penaltis, con 5-4 para os turcos. Hoxe tamén se clasificou Alemaña, tras empatar 1-1 coa local Serbia, e Inglaterra que pasou en detrimento de italianos e checos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro