Terceira derrota do As Pontes na casa, nesta ocasión no derbi ante o Galicia de Mugardos, dirixido por Fontao e Manel, dous vellos coñecidos da afección pontesa.
Na primeira metade resaltar dúas ocasións, de dous ex azuis, nunha Artai queda so ante Paco que desvía o xusto a córner co balón lamendo o pau, e unha cabezada moi clara de Alex López. Por parte local reclamaron un penalti que semellaba moi claro por derrubo a Dani Bellas.
Na segunda metade froito do maior dominio visitante, a falta dun cuarto de hora Yago anotou o tanto da vitoria para o conxunto pulpeiro que sobe aos 17 puntos mentres os locais apenas suman nove na sétima posición antes de visitar a complicada cancha de Monforte.
O Mugardos é un equipo histórico con bos resultados no Poboado, con sete triunfos co de hoxe, por seis empates e tres vitorias locais. Non gañaba nas Pontes, iso si, desde un 1-4 na tempada 1980-81.
Xogaron Paco, Criado (Berto 49´), Iván (Yáñez 75´), Javi (Jaime 80´), Montes, Traba, Julián, Toni, Vilela, Sergio, Bellas (Moreda 66´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro