Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – SD FISTERRA 1

Goleada do As Pontes no debut na casa, nun encontro xa sentenciado no primeiro tempo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Rotundo triunfo do As Pontes no debut no Poboado tralo 1-1 en Ribadeo a semana pasada. O equipo local deixou o encontro sentenciado na primeira metade á que se chegou co 4-1 definitivo.

O venezolano Simigiani anotaba os dous primeiros goles tras rematar de cabeza e en plancha un servicio dende banda esquerda. Pese a que entremedias lograba igualar o equipo fisterrán cun golazo pola escadra de Aarón, outro tanto de Jaime a pase do propio Simigliani, e un cuarto de Rogerio, que remata a pracer un rexeite tras tiro ao poste de Michel, establecían o 4-1 definitivo.

E puideron ser máis tantos pois estrelaron un balón na madeira os propios Jaime e Rogerio. Xogaron Kike, Criado, Tijan, Javi M (Alberto Leira 64´), Montes, Traba, Rogerio (Samuel 85´), Jaime (Javi F 80´), Simigliani (David 68´), Espeso, Michel (Iago 68´).

Sétimos con catro puntos, próxima visita ao complicado Montañeros, un dos seis equipos que lideran con pleno de seis puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios