PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – BIGMAT LUCAS ALTO DO VENTO FS 3

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

Reparto de puntos no encontro disputado este día de Feira do Grelo que deixou moi mal sabor de boca aos locais.

Co 2-1 ao descanso, no inicio do segundo período dous tantos tempraneiros para cada equipo situaban o 3-2 no electrónico. Resaltar dous en propia meta dos santiagueses e un de Diego Pellón.

No segundo período foi algo máis superior o cadro local, pero non soubo sacar ningún proveito dunha superioridade de 4 para 3 que podía servir para sentenciar.

Tamén destacar unha vaselina de Rober ao longueiro e un balón que se paseou pola porta baleira que acabou saíndo fora por pouco.

Boas intervencións de Sergio por outra parte. Pero non soubo o cadro local agotar a posesión final, e tras un roubo de balón e unha contra, pitouse un moi dubidoso penalti a Borja por suposta man a falta de 5 segundos que igualaron os visitantes.

A desilusión serviu, iso si, para ver o segundo empate da tempada, primeiro na casa, tralo 3-3 en Agolada, para un equipo que suma 9 vitorias e 8 derrotas na novena posición antes de visitar ao líder Rábade.

Xogaron Sergio, Borja, Diego, Adrián Meizoso, Dani; Pelu, Rober, Adrián Bellas.

Nova cortesía de Xose Ferrerio

También podría gustarte
Comentarios