Este venres á noite, e coa presencia da Tvg, As Pontes tivo o luxo de organizar a tradicional Gala Anual que premia aos mellores regatistas galegos deste deporte, que non son poucos, durante o ano 2022.
Nun Alovi ateigado a pesar das moitas ausencias polas competicións, premiados como mellores regatistas foron o vigués Nico Rodríguez, bronce en Tokio 2020, e a ourensá Tamara Echegoyen, ouro en Londres 2012 e moi inxustamente cuarta en Río 2016 e Tokio 2020.
A nivel local foron galardonados, Paula Boquete, bronce no Campionato de España Sub22, e María Lefler, Subcampiona de España, e da Copa de España, ambas de Vaurien.
Tamén o Clube de Vela e Pepe Guerreiro, pola súa labor na promoción do deporte, e Endesa polo proxecto de recuperación do Lago de As Pontes.
Tamén foron premiados vellos coñecidos de competicións disputadas no Lago Pontés como Marta Torres, Cristina Cerqueira, Mencía García, Pablo e Isabel Cabello e David Fernández, Jorge Maciel, Tone Pérez e Laura Llópiz, ou as irmás Paula e Paloma González, entre outros.
Entregaron os premios o Alcalde Valentín Formoso, os Concelleiros Elena López e Chicho Tembrás, e Manuel Villaverde da Federación Galega, entre outros, na Gala presentada por Terio Carrera.
Esta foi a quinta gala consecutiva da Vela galega, despois das de Sanxenxo 2018, A Coruña 2019, Vigo 2020 e Vilagarcía 2021.
Nova cortesía de Xose Ferreiro