Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. VIVEIRO CF 1 – CD AS PONTES 2

O As Pontes da un paso de xigante cara o ascenso ó gañar en Viveiro antes de recibir ó segundo clasificado Arzúa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes deu hoxe en Viveiro un paso de xigante de cara ó ascenso tras gañar ó que era segundo clasificado por 1-2 e ter momentáneamente un colchón de 17 puntos sobre o terceiro clasificado, antes de recibir ó actual segundo que é o Arzúa. 

Na primeira metade comezaron dominando algo máis os locais, que se xogaban moito, e xa nada máis comezar nun balón mal despexado por Martín, centro que se pasea pola área sen atopar rematador (1´). Si ben é certo que o propio xogador de Fisterra puido marcar pouco despois pero o seu remate de cabeza, coma contra o Agolada, desafortunadamente foi ó poste (9´).

Tras un centro de Criado por banda que desvía un defensa moi axustado ó pau (32´), puido chegar o primeiro gol local, con Martín tirado no chan, continuou o Viveiro a xogada, e tras un centro de banda empala Alex Meitín o balón na área pequena ó fondo das mallas, anulado nun fora de xogo dubidoso (33´).

Apretou moito o cadro local nos últimos minutos, ante un As Pontes que quería saír demasiadas veces co balón controlado, en lugar de optar por pases longos para desafogar a presión, e en varias perdas ou roubos de balón chegaron con perigo os celestes, como no caso de Iván, que se desfixo de varios rivais dentro da área, o seu disparo despexao Paco, queda o balón morto, e Criado acaba salvando o perigo (36´), ou tras un córner botado polos ponteses, na contra a piques está de marcar Marino que dispara por alto (45´).

Comezou con brío o hoxe equipo verdinegro na segunda metade, e nunha boa xogada de Carlos, cedelle o balón a Pardo, que remata moi axustado ó pau (46´), e despois é Toni o que recolle un balón morto no borde da área para disparar alto por pouco (53´).

Pero a continuación chegou o peor momento para os de Marco Roca. Avisou Tichu cun trallazo que se foi preto do escuadro (54´), ata que tras unha perda de balón do recén ingresado Óscar, acabou en centro á área, e moi ben resolve Marino que bate por baixo a Paco (56´). Puido firmar o segundo e case a sentencia tal e como estaban as cousas Alex Meitín, que avanza na área e dispara cruzado ó poste, e o balón acabase paseando pola área pontesa sen atopar rematador (58´).

Non se arredrou o As Pontes e foi a polo empate. Nunha boa internada de Toni na área acaba sacando un defensa co corpo (61´), e tras un gran avance de Pardo por banda dereita, centra e marca Carlos coa punteira chegando dende atrás nun gol anulado bastante dubidoso coma o do primeiro tempo (68´).

Foi tras unha absurda á par que instintiva man de Yoel dentro da área, en lugar de despexar o balón coa cabeza, que o Mago de Viveiro Bossa anotaba o penalti polo escuadro batendo a Kiko e establecendo a igualada no marcador (75´), bonito gol do que por superstición e nervios non se fixeron fotos.

O empate sentou mal os locais, que ademais perderon a Marino por lesión nunha dura entrada de Alex para cortar unha contra, e tras outro ingreso na área era Pardo o que remataba de primeiras sacando Kiko como puido (82´). Xa cando ambos equipos comezaban a dar o empate por bo, internase Erni dende banda dereita, remata, desvía o balón Poceiro, e este acaba entrandolle por alto a Kiko e colandose polo escuadro (88´).

O As Pontes é líder con 60 puntos, e o agora segundo Arzúa suma 44, equipo que visita O Poboado na vindeira xornada, co pichichi Íker Hurtado nas súas filas (23), e tamén o ex dianteiro pontés, ex internacional español xuvenil céltico, Adrián Iglesias (10), que en principio non poderá ser da partida. 

Dous goles viveirenses dan ó As Pontes o seu terceiro triunfo en Cantarrana. As únicas vitorias databan da campaña 1986-87, ano do primeiro ascenso a Segunda B, 2-3, e na 1999-2000, 0-1, tamén na Terceira División. Polo demais dez empates e oito triunfos locais. 

Viveiro CF. Kiko, Agus, Pablo, Roi, Uriol (Poceiro 78´), Iván (Yoel 66´), Rolle (Arturo 81´), Xaime, Meitín, Tichu, Marino (Juan 74´).

CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego, Martín (Óscar 46´), Adrián (Ramos 74´), Toni, Bossa, Carlos (Erni 74´), Fidi (Sánchez 89´), Pardo. 

Goles: 1-0, Marino (56´), Bossa, de penalti (75´), 1-2, Erni (88´).

Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado por Fraga Viñuelas e Cusset Ramírez. Amarelas a Meitín, Xaime, Tichu, Yoel, Paco, Alex, Martín, Carlos. Expulsado o adestrador local Jesús Gómez (70´).

Campo e incidencias: Cantarrana. Estupenda entrada cuns 400 espectadores en mañá con ceo encapotado. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios