SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PUERTAS DEYMA FS (6-1)

O equipo pontés segue nos postos altos tras golear ó conxunto leonés.

O Esteo pontés de fútbol sala venceu na tarde deste sábado 6-1 ó ascendido Puertas Deyma. O conxunto castelán leonés prantou cara durante todo o encontro pese a empregar un só recambio, e pese a que Cokito, que picou o balón ante a saída do porteiro, marcou nada máis comezar (1´), non foi case ata o descanso, que nun bo roubo de balón, tamén de Cokito, este sirve a Pana para que o de Pontedeume metendo a punteira faga o segundo (19´).

Nestes primeiros vinte minutos resaltar un tiro ó pau de Alex Durán e algunha parada de Javichu. No segundo período, un máis fresco equipo pontés comezou a poñer terra de por medio e aparecendo desmarcado por banda dereita marcou Troncho de tiro cruzado (26´), e pouco despois, noutra boa combinación pontesa, Dani lle servía o balón a Bruno que marcaba dentro da área (29´).

Recurtaban distancias os visitantes tras unha desafortunada xogada na que Alex Durán desviaba o balón cara a súa portería (32´), pero o mesmo xogador facía o quinto dun forte disparo dende fóra da área (35´) e despois era Ayala quen recibía un pase de Pana, recurtaba ó defensa, e marcaba de tiro cruzado (36´). O Esteo é cuarto con 29 puntos antes de visitar ó Xove, noveno con 25.  

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Ayala – cinco inicial – Pana, Bruno, Troncho, Jacobo, Dani.

PUERTAS DEYMA FS: Diego, Alejo, Germán, Ángel, Alex – cinco inicial – Rubén.

GOLES: 1-0, Cokito (1´), 2-0, Pana (19´). 3-0, Troncho (26´), 4-0, Bruno (29´), 4-1, Alex, pp (32´), 5-1, Alex (35´), 6-1, Ayala (36´). 

ÁRBITROS: Vieito Rodríguez, Corral Martínez, Prados Caamaño (A Mariña-Lugo-Ferrol). Amarelas a Cokito e Germán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios