Premio ‘Mundo da Micoloxía 2.004’

[RTVi-As Pontes] A Concellería de Cultura vén de facer públicas as bases do Premio “O mundo da micoloxía”, un certame que vai dirixido ós escolares das Pontes de educación infantil, primaria e secundaria. O obxectivo deste concurso é o de fomenta-la afección pola micoloxía e axudar a ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas, fungos e cogumelos comestibles e velenosos, o medio onde aparecen e os seus nomes.


No certame poderanse presentar debuxos, pinturas, composicións naturais ou artificiais, fotografías, setas modeladas en plastilina, cartón ou barro. É dicir que se aceptan tódalas manifestacións artísticas que representen o mundo das setas. Os traballos teranse que entregar ata o 27 de Outubro, e con todos eles farase unha exposición entre o 29 de Outubro e o 9 de Novembro.
En canto ós premios, haberá dez de corenta euros para educación infantil, outros tantos para 1º, 2º e 3º de Primaria, os mesmos tamén para 4º, 5º e 6º, e outros dez premios máis de corenta euros para educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria. O xurado do certame estará formado por diversas persoas relacionadas co mundo das artes e a micoloxía. A entrega dos premios realizarase o día da Feira dos cogomelos, o 1 de Novembro, no recinto feiral.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios