Presentación II Desafío Fragas do Eume de ciclismo

En dez días celbrarase en As Pontes a segunda edición do desafío Fragas do Eume, que volve organizar o CC Vilalba- As Pontes, para o que tamén volve contar co patrocínio do Concello da vila.
Este ano, celébrase o vindeiro domingo 17 de xuño, comezando a partir das 9 da mañá.
Anque como tal desafío cumpre a súa segunda cita, estamos diante da XV Clásica Vila das Pontes, unha proba xa histórica, que agora se fixo co título de Desafío Fragas do Eume mantendo a súa condición de marcha ciclista esixente no deportivo, cun percorrido de 110 km e 2.400 metros de desnivel acumulado, que suporá todo un desafío para os centos de participantes que toman parte dela.
A data límite para anotarse é o vindeiro 12 de xuño, a menos que antes ós 500 participantes, o que aconteza antes . De feito agora mesmo xa se superan as inscricións que o ano pasado se recibiran a estas alturas.
P6080042.jpg


A proba pontesa é puntuable por primeira vez para a Copa de España de Gran Fondo, o que supón levala ata o máximo nivel que se pode acadar no calendario de cicloturismo, avalada pola Federación Española de Ciclismo.
O presidente da Federación Galega de Cicloturismo Manuel Tallón, salientaba que se sentía “Moi agradecido e orgulloso desta invitación para presentar unha proba con prestixio a nivel estatal, e que oxalá sirva de exemplo para outras localidades do que se pode facer co traballo de Clubes coma este e Concellos coma este”.
A disputa desta dura proba, sen grandes portos, pero con sucesivas subidas, será na modalidade de velocidade libre, agás nos primeiros kilómetros que serán neutralizado, e controlaranse os tempos finais de cada participante a través dun chip.
A presentación oficial facíase onte no salón de plenos municipal, e coa presenza dos directivos do clube, da primeira Tenente de Alcalde, Montserra García, e por parte da Federación Galega, o Presidente ManuelTallón, e o seleccinador galego, Anxo Vidal, o mítico excorredor do Kelme.
Precisamente, Montserrat García salientou a satisfacción porque se consolide ” Unha proba que pon a As Pontes no mapa do cicloturismo e nos da a oportunidade de disfrutar de deporte de moito nivel, e dara a coñecer a beleza deste pobo e hospitalidade das súas xentes”.
A organización ofrece zona de acampada completamente acondicionada para tiendas ecaravanas durante os días 16 e17,gratuita para todos o inscritos, actividades de turismo cultural para os acompañantes, servicio de información turística personalizada para qué desex profundizar no coñecemento da zona, asistencia médica e mecánica en ruta, avituallamentos, duchas, comida final en carpa cuberta, recordos e sorteo de agasallos.
Nova cortesía Club Ciclista Vilalba As Pontes

También podría gustarte
Comentarios