Presentación libro-cd: Tanto Encanto Reunidoda asociación Berros do Castro; un paseo gráfico-sonoro pola música popular de Ferrol, Eume e Ortega

berrosdocastro.png“Tanto Encanto Reunido” é un LIBRO-CD de 120 páxinas, indispensable para músicos e afeccionados á música popular.
Poderás coñecer a moitos dos nosos músicos populares e como era o seu xeito interpretativo: gaiteiros solistas, bandas de música, murgas, cuartetos, constructores de instrumentos…
O libro conta con destacados colaboradores, como Daniel Bellón, Pablo Carpintero ou Alonso Caxade. Tamén músicos da Banda de Infantería de Ferrol, da Banda de Santa Cruz de Ribadulla ou da Banda de Música da Estrada, fixeron revivir a música da Laureada Banda Garrote de Ortigueira, nunha composición do ano 1931.
Os membros de Berros do Castro, interpretarán ao vivo varias das pezas que se inclúen no traballo.

También podría gustarte
Comentarios