Presentado ante o Senado de EEUU o proxecto que pretende prohibi-las redes P2P

Lendo libertaddigital.com:
“Este mércores presentouse no Senado de EEUU un duro proxecto de lei sobre propiedade intelectual que inclúe a prohibición dos sistemas de intercambio de ficheiros entre particulares (P2P), ás que responsabiliza das posibles violacións de dereitos de autor que cometan os seus usuarios. A pesares de ter apoio nos dous partidos presentes na Cámara, é difícil que o texto saia adiante este ano.”…


…”O proxecto de lei, impulsado polo senador republicano por Utah Orrin Hatch, suscitou eloxios das compañías discográficas e a repulsa tanto de proveedores de servicios P2P como de grupos de defensa do consumidor.
A Asociación da Industria Discográfica de EEUU (RIAA, polas súas siglas en inglés) entablou demandas contra pouco máis de 3.420 usuarios de redes de pares, boa parte deles menores de idade, e apelou a decisión dunha corte federal de eximir de responsabilidade ás compañías proveedoras de Internet.
Os grupos que defenden ós consumidores aseguran que a medida só bloqueará a innovación e as inversións en novas tecnoloxías e que, en todo caso, as compañías mesmas non violan os dereitos de autor, aínda que faciliten a descarga de música pirateada. Pese a que contar con apoio bipartidista, a medida ten poucas probabilidades de aprobarse este ano.
Non obstante, Orrin Hatch, que dirixe o comité encargado de velar sobre propiedade intelectual, afirmou que é ‘ilegal e inmoral’ que as compañías, a traveso destos servicios gratuitos, ‘induzan ou alenten ós xoves a cometer delictos’. Recentemente, a industria discográfica recurriu a unha lei federal sobre dereitos de autor para clausura-la compañía Napster, que popularizou o intercambio de ficheiros musicais a traveso da rede.
A compañía volveu ó negocio, esta vez coa venia da industria e cun servicio no que os usuarios deben pagar por descarga-los seus temas favoritos.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios